Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2015/267-1, no concello de Ames.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, unha vez intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT Ortoño, no concello de Ames (expediente IN407A 2015/267-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla, e que terá lugar nas oficinas da casa do concello correspondente.

A Coruña, 13 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2015/267-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT Ortoño.

Concello: Ames.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Ames

Hrdos. de Eduardo Casilla Gil

30.4.2020

12.30