Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17317

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3604/2019 AG).

María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3604/2019 desta sección, seguido por instancia de Ángela Manuela Lorenzo Álvarez, María Pilar Hermida Lorenzo, Santiago Hermida Lorenzo, José Manuel Hermida Lorenzo contra Izar Construcciones Navales Sael, Montajes Nervión, S.A., Navantia, S.A., Rodolfo Lama Constructores, S.A., Ran Montajes, S.L., sobre outros dereitos seg. social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual dos demandantes, contra a sentenza do 18.1.2019 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en autos 729/17, confirmamos en parte a sentenza impugnada, e fixamos a indemnización que deberá satisfacer a condenada Izar Construcciones Navales, S.A. na contía de 34.729,47 €. E, en consecuencia, condenamos a dita codemandada ao seu aboamento. Confirmamos os restantes pronunciamentos contidos na resolución impugnada.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rodolfo Lama Construtores, S.A. e Ran Montaxes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza