Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 497/2019-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 497/2019, por instancia de Cheikh Ahmed Vall contra Sacyr Vallehermoso, S.A. e Obras y Estruturas Estrucor Tres, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentenza en data 21 de xaneiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Cheikh Ahmed Vall fronte ás empresas Obras y Estruturas Estrucor Tres, S.L. e Sacyr, S.A. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Obras y Estruturas Estrucor Tres, S.L. ao traballador.

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Condénase a Obras e Estruturas Estrucor Tres, S.L. a aboar a Cheikh Ahmed Vall a cantidade de seiscentos cincuenta e catro euros con setenta e dous céntimos de euro (654,72 euros) en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sacyr, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza