Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17322

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 210/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 210/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra Trans Coruña, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Non procede despachar a execución interesada contra Trans Coruña, S.L. por atoparse a entidade executada en situación de concurso de acredores en fase de liquidación concursal.

– Despachar execución da sentenza firme fronte á parte executada Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na súa condición de responsables subsidiarios, por importe de 5.496,31 euros en concepto de principal (diferenzas de prestación de incapacidade temporal devindicadas entre o 12.2.2016 e o 15.8.2016), máis outros 549,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que puider incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Requirir a Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesourería Xeral da Seguridade Social para que, no prazo dun mes, dean cumprimento ao establecido na resolución cuxa execución se solicita, e ingresen na conta deste xulgado o importe de 5.496,31 euros en concepto de principal (diferenzas de prestación de incapacidade temporal devindicadas entre o 12.2.2016 e o 15.8.2016), máis outros 549,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ou manifeste a este xulgado obstáculos que se opoñan a iso e, en todo caso, designe persoa que se encargue do cumprimento da execución, con indicación do seu nome, apelidos, DNI e cargo ou posto que desempeña (conta do xulgado IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274, nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0210 19).

– Requirir a parte executante Fremap, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 61, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, a fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Trans Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza