Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de febreiro de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Electro Naval Perfecto, S.L. para almacén, punto de distribución e repartición de materiais, compoñentes e repostos mecánicos e eléctricos e apoio loxístico, para a actividade de instalación e mantemento de instalacións eléctricas navais, no dominio público portuario de Ribeira (expediente 12-48-19-C-2).

Estase tramitando unha concesión administrativa solicitada por Electro Naval Perfecto, S.L., para seguir ocupando, no dominio público portuario de Ribeira, nave para almacén, punto de distribución e repartición de materiais, compoñentes e repostos mecánicos e eléctricos e apoio loxístico, para a actividade de instalación e mantemento de instalacións eléctricas navais, de acordo co plano das instalacións.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 14 de febreiro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro