Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de publicación das bases para a cobertura dunha praza de policía local pola quenda de mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm.13, do 21 de xaneiro de 2020 (corrección de erros BOP núm. 36, do 21 de febreiro), publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha (1) praza de policía, pertencente á escala de Administración especial, clase de policía local, escala básica, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadrada no grupo de titulación C e subgrupo C1, nivel de CD 17, pola quenda de mobilidade, sistema concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Marín, 21 de febreiro de 2020

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta