Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17696

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 31 de marzo de 2020 pola que se modifican as bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 28, do 11 de febreiro) (código de procedemento IG535A).

BDNS (Identif.): 494996.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Importe

Modifícase a dotación orzamentaria das bases reguladoras, que queda establecida do xeito seguinte:

a) Para atender posibles falidos nos reavais concedidos ante as sociedades de garantía recíproca, con cargo á partida orzamentaria 09.A1.741A.8900 dotaranse provisións por importe de 2.500.000 €.

b) Para as compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 5.000.000 €, partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, do exercicio 2020, previa existencia de crédito adecuado e suficiente.

c) A subsidiación ao tipo de xuro financiarase con cargo á partida orzamentaria 09.A1.741A.7700, cunha dotación de 1.800.000 € para o ano 2020 e de 1.800.000 € para o ano 2021.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes da liña «Préstamos avalados para apoiar pemes e autónomos no contexto do actual brote do COVID-19» comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

b) O 30 de setembro de 2020.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica