Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 17968

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (376/2019).

María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio que no xuízo ordinario seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, co número 376/2019, por instancia da Xunta de Compensación do Polígono Dous, Sector Urbano 21, do Plan de ordenación urbana de Ourense fronte a Nélida Fernández González, ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Domínguez Fortes, actuando en nome e representación da Xunta de Compensación do Polígono Dous, Sector Urbano 21, do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense, contra Nélida Fernández González, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por importe de 6.565,42 euros, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar á demandante a suma obxecto de reclamación. A devandita cantidade devindicará os xuros legais. Todo iso con expresa imposición das custas procesuais causadas a cargo da condenada ao pagamento.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, que se interpoñerá ante o xulgado que ditou a resolución no prazo de vinte días contados desde o seguinte día ao da notificación da presente resolución ás partes (artigo 458 da Lei de axuizamento civil).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a dita demandada, Nélida Fernández González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ourense, 11 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza