Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 16 de abril de 2020 Páx. 18380

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (414/2019).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento ordinario 414/2019, seguido por instancia de Claudio Manuel García Hermida e Delfina García Hermida fronte a Inmobiliaria del Noroeste, S.A., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 39/2020

Xuízo ordinario nº 414/2019

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandantes: Claudio Manuel García Hermida e Delfina García Hermida

Avogada: Sra. García Arias

Procurador: Sr. Merelles Pérez

Demandada: Inmobiliaria del Noroeste, S.A. (en rebeldía)

Obxecto: elevación a escritura pública

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

Resolución

Estimo integramente a demanda presentada por Claudio Manuel e Delfina García Hermida contra Inmobiliaria del Noroeste, S.A. e, en consecuencia, condeno a Inmobiliaria do Noroeste, S.A. a dar cumprimento ao pactado no contrato privado de compromiso de compravenda subscrito entre Inmobiliaria del Noroeste, S.A. e Josefa García Hermida e Delfina García Hermida, do 28 de xuño de 1979, procedendo a outorgar escritura pública, en que conste que Inmobiliaria del Noroeste, S.A. vendeu o inmoble sito na rúa San Pedro de Mezonzo, nº 28 A, 5º G, de Santiago de Compostela ( A Coruña), inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago nº 1, libro 500, tomo 857, folio 106, predio rexistral número 35952, a Josefa García Hermida e Delfina García Hermida, e que a parte compradora pagou o prezo á vendedora, e a facer constar todos os datos, descrición, cumprindo todos os requisitos precisos e con todos os documentos necesarios para formalizar o dito instrumento público, e con todas as formalidades que resulten necesarias para a súa posterior inscrición no Rexistro da Propiedade correspondente, baixo apercibimento de que, se non o fixer a demandada, será por mandato xudicial ou o tribunal quen outorgue a dita escritura en substitución e en nome da demandada e á súa custa. Condénase a demandada a se ater a tales declaracións, todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpoñer recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpoñer o recurso, con cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso. Sen este requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Inmobiliaria del Noroeste, esténdese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza