Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 16 de abril de 2020 Páx. 18378

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 9 e o 11 de marzo de 2020, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, do 10 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro)

ACORDOU:

Primeiro. Unha vez revisadas, na sesión que tivo lugar o 9 de marzo de 2020, as reclamacións presentadas ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria:

• Anular as preguntas 15, 30 e 31 do cuestionario que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 41, 42 e 43.

• Desestimar o resto das alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio, aprobados polo tribunal no Acordo do 12 de febreiro de 2020 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o segundo exercicio as persoas aspirantes que acadasen as mellores puntuacións, ata completar o número máximo de 16, sempre que obtivesen un número mínimo de 16 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta). Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa declarada apta que marque o corte considéranse igualmente aptas aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado (16). Asignouse a valoración de 20 puntos no exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha nota equivalente á nota de corte fixada.

O resto das persoas declaradas aptas teñen unha puntuación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignouse a puntuación proporcional que corresponda as persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 11 de marzo de 2020 e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 17 aspirantes no conxunto de todas as quendas. O corte quedou marcado en 26,66 respostas correctas, unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas antes citadas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

Javier Páez González
Presidente do tribunal