Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2020 Páx. 18501

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2020 pola que se fai público o Acordo do Consello Galego de Cooperativas do 7 de abril de 2020, polo que se autorizan as cooperativas galegas a destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19.

O Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión da Comisión Permanente do 7 de abril de 2020, adoptou o seguinte acordo:

«Autorizar, ao abeiro do artigo 68.2.f) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, as cooperativas galegas que así o determinen en aplicación das liñas básicas fixadas polos estatutos ou pola asemblea xeral, para destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade, exclusivamente durante o exercicio 2020, para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19».

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2020

Francisco José Conde López
Presidente do Consello Galego de Cooperativas