Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2020 Páx. 18541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación das novas porcentaxes de reserva de solo para vivenda de protección pública.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 11 de marzo de 2020, acordou aprobar as novas porcentaxes de reserva de solo para vivendas sometidas a algún réxime de protección pública e as porcentaxes de reserva de solo para vivendas colectivas libres con prezo taxado polo Concello nos ámbitos de solo urbano non consolidado e solo urbanizable delimitado.

As porcentaxes de reserva de solo deste acordo aplicaranse aos polígonos de solo urbano non consolidado e sectores de solo urbanizable que non teñan aprobado definitivamente o proxecto de equidistribución.

Segundo o acordo, as táboas serán publicadas na web municipal.

Oleiros, 13 de marzo de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente