Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2020 Páx. 18542

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de corrección de erros da publicación no Diario Oficial de Galicia do 16 de marzo relativa á oferta de emprego público do ano 2019, aprobada na Xunta de Goberno Local do 30 de xaneiro de 2020.

O día 16 de marzo de 2020 publicouse no DOG a oferta de emprego público do Concello do Rosal para o ano 2019, que fora aprobada na Xunta de Goberno Local o 30 de xaneiro de 2020.

Tendo en conta que non se fixo constar a modalidade da oferta, procede engadila ao anuncio efectuado, que queda redactado así:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal laboral fixo – taxa adicional de estabilización de emprego temporal:

Grupo equivalente

Nº de prazas

Denominación

C2

1

Auxiliar de biblioteca

C2

3

Auxiliar de axuda no fogar

A2

1

Axente de emprego e desenvolvemento local

C1

1

Informático

Segundo. Así mesmo, acordouse a súa publicación no taboleiro de anuncios deste concello, na páxina web municipal e no Diario Oficial de Galicia.

O Rosal, 23 de marzo de 2020

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa