Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 21 de abril de 2020 Páx. 18584

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (PO 462/2018).

Procedemento ordinario 462/2018

Sobre outras materias

Demandante: Automóviles Paco, S.L.

Procuradora: Purificación Rodríguez González

Avogado: Jaime Carrera Rafael

Demandado: Talleres Figueiras Cabral, S.L.U.

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Automóviles Paco, S.L. fronte Talleres Figueiras Cabral, S.L.U., ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

En nome do rei e pola autoridade que me confire o pobo español, dítase a presente sentenza en Vigo o oito de outubro de dous mil dezanove.

Vistos por Juan Carlos Carballal Paradela, maxistrado xuíz en comisión de servizos no Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 462/2018, sobre resolución de contrato entre as partes, debo estimar e estimo integramente a demanda deducida por Automóviles Paco, S.L. contra Talleres Figueiras Cabral, S.L.U. e, na súa consecuencia, condeno a Talleres Figueiras Cabral, S.L.U. á devolución a Automóviles Paco, S.L. dos vehículos Audi A6 con matrícula 6090 FBH, Audi A6 con matrícula 5990 FBH, Audi A4 con matrícula 0163 FSL, Audi A4 con matrícula 9961 FRD e Audi A 3 Sportback con matrícula 6987 HKY.

En canto ás custas, debe observarse o establecido no último fundamento xurídico desta resolución.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá antes este órgano xudicial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa na data e lugar arriba supraescritos.

(Segue a sinatura do maxistrado xuíz)

E encontrándose o devandito demandado, Talleres Figueiras Cabral, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 8 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza