Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 21 de abril de 2020 Páx. 18582

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2020 pola que se prorroga a vixencia do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, para a execución dos traballos descritos no proxecto de derruba de dous edificios no barrio da Residencia (Lugo).

I. Por Resolución do 2 de outubro de 2019, do presidente do Servizo Galego de Saúde (feita pública no DOG núm. 193, do 10 de outubro) encargouse á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, a execución dos traballos descritos no proxecto de derruba de dous edificios no barrio da Residencia (Lugo).

II. De conformidade co establecido na condición básica número 6 (Duración) o encargo tiña prevista unha vixencia de tres meses contados desde a sinatura da acta de implantación e podían ser acordadas as prórrogas do prazo de execución que fosen necesarias sempre e cando estivesen xustificadas as causas do atraso e sen que supuxese en ningún caso incremento do importe total do encargo.

IIII. A acta de implantación asinouse o 21 de xaneiro de 2020, polo que a vixencia prevista inicialmente para o encargo remataría o vindeiro 21 de abril de 2020.

IV. Por escrito do 7 de abril de 2020, o xerente de zona de Transformación Agraria, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsa) en Lugo, solicitou formalmente unha prórroga dun mes con respecto ao prazo inicial de finalización do encargo, xustificando as causas do atraso na execución das obras no cumprimento do establecido no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e no Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.

Como consecuencia, a execución das obras viuse primeiramente retardada e posteriormente paralizada completamente ao non ser consideradas como actividades esenciais.

Á vista destas circunstancias e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 4 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Prorrogar, por un período dun mes, a vixencia do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E, M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, para a execución dos traballos descritos no proxecto de derruba de dous edificios no barrio da Residencia (Lugo), cuxa vixencia rematará o vindeiro 21 de mayo de 2020, mantendo inalteradas o resto das condicións previstas para o encargo na Resolución do 2 de outubro de 2019.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2020

Jesús Vázquez Almuiña
Conselleiro de Sanidade
e presidente do Servizo Galego de Saúde