Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 23 de abril de 2020 Páx. 18659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 4 de febreiro de 2020, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Piñeirón, S.L. de concesión administrativa de ocupación dunha parcela de dominio público portuario para a execución de nave con destino á transformación e comercialización de produtos da acuicultura e pesca no porto de Meloxo (expediente 13-09-18-C1).

Antonio Silva Pérez, en nome e representación da entidade Piñeirón, S.L., solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do dominio público portuario para a execución de nave con destino á transformación e comercialización de produtos da acuicultura e pesca no porto de Meloxo, segundo o proxecto titulado «Proxecto básico de nave industrial para destinala a centro para fomento, transformación e comercialización de produtos da acuicultura ecolóxica e pesca de baixura», redactado polo enxeñeiro técnico industrial Miguel Pazos Magdalena en xaneiro de 2020.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2020

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur