Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 23 de abril de 2020 Páx. 18652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2019/065-1).

Número de expediente: IN407A 2019/065-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: recuamento LMTA, DC, CRN716A-ASN703, apoio nº D24.

Concello: Fene.

Feitos.

1. O 25 de marzo de 2019, a promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea CRN716A (entre apoios D24 e D24/1) (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 56 m, coa orixe en apoio nº D24 proxectado da LMT CRN716A, no tramo entre o CT Puntal (expendiente 2016/944-1) e o CT Marqués de Figueroa, 21 (expediente 2009/003-1), condutor tipo LA-110 mm2, e final en apoio nº D24/1 proxectado da LMT CRN716A, no tramo entre o CT Puntal (expediente 2016/944-1) e o CT Marqués de Figueroa, 21 (expediente 2009/003-1).

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea ASN703 (entre apoios D24 e D24/1) (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 56 m, coa orixe en apoio nº D24 proxectado da LMT ASN703, no tramo entre a subestación de Astano (expediente 26.343) e o CT Conces (expediente 51.929), condutor tipo LA-110 mm2, e final en n apoio nº D24/1 proxectado da LMT ASN703, no tramo entre a subestación de Astano (expediente 26.343) e o CT Conces (expediente 51.929).

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 2.5.2019.

– DOG: 15 de maio de 2019.

– BOP: 9 de maio de 2019.

– Xornal La Voz de Galicia: 9 de maio de 2019.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 31 de xullo de 2019.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións.

– Juan Ruiz Bañobre (predio 1), mediante escrito do 13 de maio de 2019, solicita se declare a nulidade ou a anulabilidade do expediente por ser este contrario a dereito alegando, en síntese o seguinte:

• O largo das crucetas dos novos apoios aumenta en 900 mm, o que aumenta a servidume de voo da liña. Isto non se reflicte na RBDA.

• O proxecto incumpre o PXOM do Concello de Fene polo que a liña debería soterrarse para cumprilo.

• O proxecto presentado incumpre o proxecto tipo de UFD.

• A obra prexudícao xa que produce un aumento da servidume existente no seu predio ao aplicar a limitación á construción de edificacións do punto 5.12.2 do Real decreto 223/2008.

– Miguel Ángel Pena Cernadas, mediante escritos do 13 de xuño de 2019 e do 22 de xullo de 2019, solicita deixar sen efecto a afección do seu predio e que se adopte a súa proposta de trazado alternativo, alegando, en síntese, o seguinte:

• Que está afectado polo proxecto. Que na relación de bens e dereitos afectados aparece como descoñecido. Que se ve afectado pola colocación dun apoio no seu predio.

• O proxecto non cumpre co PXOM do Concello de Fene.

• O proxecto non cumpre o previsto no artigo 15 do Real decreto 1955/2000.

• O largo das crucetas dos novos apoios aumenta en 900 mm, o que aumenta a servidume de voo da liña. Isto non se reflicte na RBDA.

• A obra prexudícao xa que produce un aumento da servidume existente no seu predio ao aplicar a limitación á construción de edificacións do punto 5.12.2 do Real decreto 223/2008.

• Propón como alternativa que se modifique o proxecto a un trazado soterrado.

Destas alegacións déuselle traslado a promotora, que contestou o seguinte.

Contestación ás alegacións de Juan Ruiz Bañobre:

– Non é necesario incrementar a franxa de servidume que a día de hoxe ten constituída esta liña eléctrica. Xunta un informe técnico para xustificar este feito.

– Consta no expediente informe favorable do Concello de Fene ao proxecto.

– A promotora considera que o proxecto reúne as características técnicas exixibles e cumpre a normativa que lle é de aplicación.

– Será o Xurado de Expropiación de Galicia o encargado de valorar o prexuízo ocasionado.

Contestación ás alegacións de Miguel Ángel Pena Cernadas:

– A parcela a que fai referencia o alegante non se ve afectada polas instalacións proxectadas.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 1 ao 9 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 1 ao 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións da promotora, cómpre sinalar:

– Non procede atender a solicitude realizada por Juan Ruiz Bañobre (predio 1), no relativo a súa solicitude de que se declare a nulidade ou a anulabilidade do expediente por ser este contrario a dereito polo seguinte:

• Segundo manifesta UFD Distribución Electricidade, S.A., a servidume de voo de que dispón, 6,5 metros a cada lado do eixe da liña, é dabondo para a modificación proxectada. As discrepancias sobre servidumes existentes deben resolverse na xurisdición civil.

• No expediente consta informe favorable do Concello de Fene ao proxecto. Con posterioridade a este informe remitíronse as alegacións ao concello e este ratificouse.

• Non nos atopamos ante o tendido dunha nova liña, senón ante a modificación dunha existente. Non aplica o precepto invocado (punto 5.12.2 da ITC-LAT-7 Real decreto 223/2008).

• A depreciación do inmoble pola limitación á construción derivada da existencia da liña xa se produciu coa entrada en vigor do Real decreto 1955/2000 e o Real decreto 223/2008, que afectan construción de novas edificacións nas proximidades a liñas, e non coa modificación desta. En todo caso, será o Xurado de Expropiación de Galicia o encargado de valorar o prexuízo ocasionado.

– Non procede atender a solicitude de deixar sen efecto a afección do seu predio e de que se adopte a súa proposta de trazado alternativo realizada por Miguel Ángel Pena Cernadas, polo seguinte:

• A referencia catastral á que fai referencia o alegante non se corresponde coa do predio identificado co nº 2 no proxecto. O predio a que fai referencia o alegante non se atopa afectado pola instalación dun novo apoio.

• No expediente consta informe favorable do Concello de Fene ao proxecto. Con posterioridade a este informe remitíronse as alegacións ao concello e este ratificouse.

• O artigo 15 do Real decreto 1955/2000 non é de aplicación ás instalacións de distribución.

• Segundo manifesta UFD Distribución Electricidade, S.A., a servidume de voo de que dispón, 6,5 metros a cada lado do eixe da liña, é dabondo para a modificación proxectada. As discrepancias sobre servidumes existentes deben resolverse na xurisdición civil.

• A depreciación do inmoble pola limitación á construción derivada da existencia da liña xa se produciu coa entrada en vigor do Real decreto 1955/2000 e o Real decreto 223/2008 que afectan construcións de novas edificacións nas proximidades a liñas e non coa modificación desta.

• O soterramento da liña suporía un incremento de custo moi superior ao 10 % indicado no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, polo que non pode ser considerado como unha limitación á constitución de servidume de paso.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal deberá achegar a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 31 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña