Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 23 de abril de 2020 Páx. 18648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2019/066-1).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 71, do 14 de abril de 2020, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 18238, na primeira epígrafe do número 7, Características técnicas, onde di: «Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV cunha lonxitude de 465 m, coa orixe no apoio 48 da LMT CES713, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no centro de transformación Figueira proxectado», debe dicir: «Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV cunha lonxitude de 465 m, con orixe no apoio 48 da LMT CES713, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, e final no centro de transformación Figueira proxectado».