De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 14 de abril de 2020, do proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Veiga de Nostre e Sanguñedo, nas parroquias de Campobecerros e Parada da Serra, no concello de Castrelo do Val (Ourense), promovido pola comunidade de montes veciñais en man común de Veiga de Nostre e Sanguñedo.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático