Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 27 de abril de 2020 Páx. 18764

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO das bases da convocatoria dunha praza de axente de desenvolvemento local (consolidación de emprego).

Resolución do 12 de marzo de 2020 referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia núm. 46, do 9 de marzo de 2020, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria da praza de funcionario/a de carreira pertencente ao grupo A, subgrupo A2, encadrada na escala de Administración xeral, subescala de xestión, baixo a denominación de axente de desenvolvemento local e emprego, da oferta de emprego público de 2019 publicada no BOP núm. 77, do 24 de abril de 2019, mediante o sistema de concurso-oposición (consolidación de emprego).

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde a publicación no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Porto do Son, 12 de marzo de 2020

José Luis Oujo Pouso
Alcalde