Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 27 de abril de 2020 Páx. 18765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2020.

Por Resolución da Alcaldía número 67/2020, do 10 de marzo de 2020, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2020 do Concello de Trabada, que establece o seguinte:

«Visto que o Pleno deste Concello aprobou de maneira inicial, en sesión do día 27 de novembro de 2019, o orzamento municipal para o ano 2020, xunto co cadro de persoal desta corporación, que foi publicado de maneira definitiva o día 26 de decembro de 2019 no BOP de Lugo número 295.

Visto que, no citado cadro de persoal que foi recentemente modificado por acordo plenario do 8 de xaneiro e publicado de maneira definitiva no BOP de Lugo número 46, do 26 febreiro de 2020, figuran vacantes e dotadas orzamentariamente diversas prazas, cuxa cobertura se considera necesaria no presente exercicio para o bo funcionamento dos servizos municipais.

Visto o informe técnico, en que se especifica o resultado do cálculo da taxa de reposición e as prazas vacantes que poderían ser obxecto de oferta pública de emprego.

Visto o informe da Intervención en que se verifica o cumprimento da legalidade e normativa aplicable.

Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe da Secretaría, e de conformidade co establecido no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2020, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario:

Denominación

Total prazas

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Auxiliar administrativo

1

C

C2

Escala Administración xeral, subescala auxiliar

Persoal laboral fixo:

Denominación

Total prazas

Corpo/escala

Grupo/subgrupo

Clasificación

Condutor-oficial servizos múltiples

1

Oficial

C/C2

Escala Administración especial, subescala servizos especiais

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia para os efectos oportunos.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.

Cuarto. Dar conta do presente decreto na vindeira sesión ordinaria plenaria.

En Trabada asínao a alcaldesa ante o secretario na data que figura na marxe».

Trabada, 20 de marzo de 2020

Mayra García Bermúdez
Alcaldesa