Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 29 de abril de 2020 Páx. 18878

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V) .

Advertidos erros na dita Orde do 10 de decembro de 2019, publicada no DOG núm. 237, de 13 de decembro de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

1. Na páxina 52898, artigo 2.1. da Orde, onde di:

«A contía total prevista inicialmente para o período de vixencia da presente orde ascende a 6.500.000 euros, para o 2020, con cargo á aplicación orzamentaria 09 41 323 A 480.0 con código proxecto 2013 00 545, que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2020.

A presente orde tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, na redacción dada pola Orde de 27 do novembro de 2000, DOG núm. 231, do 29 de novembro de 2000, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, e queda a concesión das subvencións sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución»,

debe dicir:

«A contía total prevista inicialmente para o período de vixencia da presente orde ascende a 6.500.000 euros, para o ano 2020, con cargo á aplicación orzamentaria 09 41 323 A 480.0, con código de proxecto 2013 00 545, que figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2020.

Esta orde tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 do novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro), modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, asi como polo disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a concesión das subvencións queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución»

2. Na páxina 52917, artigo 22.1.a da Orde, onde di:

«A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral será o órgano competente para a instrución e tramitación, así como proposta de resolución e resolución das solicitudes de subvencións por concepto de bolsas e axudas das persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, nas accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e nas accións formativas cuxa resolución de concesión corresponde á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, con excepción do sinalado na seguinte letra».

debe dicir:

«O Servizo de Xestión Administrativa da Promoción Laboral será o órgano competente para a instrución e tramitación das solicitudes de subvencións por concepto de bolsas e axudas das persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, nas accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e nas accións formativas cuxa resolución de concesión corresponde á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, con excepción do sinalado na seguinte letra».

3. Na páxina 52917, artigo 22.1.c da Orde, onde di:

«Os servizos de Orientación e Promoción Laboral das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria correspondentes, segundo a provincia ou ámbito territorial sobre o que exerzan as súas funcións, serán as unidades competentes para a instrución e tramitación do resto das solicitudes, incluíndo, en todo caso, as derivadas da oferta formativa executada nos centros da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como nos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos, sen prexuízo das obrigas que se recollan para estes centros nos correspondentes instrumentos xurídicos».

debe dicir:

«Os servizos de Orientación e Promoción Laboral das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria correspondentes, segundo a provincia ou ámbito territorial sobre o cal exerzan as súas funcións, serán as unidades competentes para a instrución e tramitación do resto das solicitudes, incluíndo, en todo caso, as derivadas da oferta formativa executada nos centros da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como nos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos, sen prexuízo das obrigas que se recollan para estes centros nos correspondentes instrumentos xurídicos. A resolución de concesión corresponderá á xefatura territorial correspondente».

4. Na páxina 52921, artigo 26.2 da Orde, onde di:

«En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei».

debe dicir:

«En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei. O incumprimento desta obriga determinará, de ser o caso, a imposición das multas coercitivas previstas no artigo 4.4 da dita lei».

5. Na páxina 52921, artigo 26.3 da Orde, onde di:

«Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

debe dicir:

Por outra parte, de conformidade co previsto no artigo 17.3.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia».