Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 30 de abril de 2020 Páx. 18930

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 3 de abril de 2020, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 18, 29, 31 e 36. O lugar das preguntas anuladas pasa a ser ocupado respectivamente polas preguntas de reserva 41, 42, 43 e 44.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Terceiro. A corrección do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, pola quenda de acceso libre e pola quenda de promoción interna, e a publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas quedan demoradas ata que o permitan as medidas en vigor adoptadas como consecuencia da declaración do estado de alarma.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2020

Francisco Rosendo Alonso Fernández
Presidente do tribuna