Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 30 de abril de 2020 Páx. 18923

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2020 pola que se convocan cursos de formación continua, na modalidade de teleformación, dirixidos ao persoal da seguridade pública de Galicia.

De acordo co establecido no artigo 4.2 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), convócanse os cursos de formación continua, na modalidade de teleformación, dirixidos aos/ás policías locais de Galicia e demais persoal da seguridade pública que traballa nesta Comunidade Autónoma (Garda Civil, Policía Nacional e Unidade da Policía Autonómica), cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 27 de abril de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia e demais persoal da seguridade pública que traballa nesta Comunidade Autónoma (Garda Civil, Policía Nacional e Unidade da Policía Autonómica) que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas polo que, de producirse esta situación, os/as interesados deberan comunicalo á Agasp de xeito inmediato; no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp no prazo dun ano contado desde o día seguinte a aquel en que se teña coñecemento do feito e, no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitirá ningún diploma deste.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

Con carácter xeral, reservarase o 20 % das prazas convocadas para persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballen en Galicia. Poderase superar esa porcentaxe no suposto de quedaren prazas vacantes.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Desenvolvemento da actividade.

Todas as edicións dos cursos se desenvolverán do seguinte xeito:

• Lugar: a través da plataforma de formación en liña. Todos os cursos contan cunha proba final presencial na sede da Agasp.

• Pódense establecer sesións presenciais se o/a docente o considera necesario ou por petición do alumnado.

• Horario: segundo disposición e necesidade do alumnado.

• Data de comezo: 18 maio de 2020.

• Cuestionarios e tarefas: durante o desenvolvemento dos cursos o alumnado participante deberá realizar unha serie de cuestionarios e tarefas de acordo cun calendario de presentación; a non realización dalgún no prazo establecido será sancionada coa baixa no curso. No suposto de que os exercicios non acaden un nivel de exixencia mínimo segundo o criterio do profesor, farase unha primeira advertencia ao alumnado e, de non atender a indicación, poderá ser dado de baixa no curso.

Os cuestionarios, agás a proba presencial final, e a realización das tarefas faranse a través da plataforma de formación en liña.

5. Requirimentos técnicos mínimos para os equipamentos do alumnado.

Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico:

Aspectos recomendables para o PC:

• A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.

• Preferentemente conexión á internet de banda larga e un antivirus actualizado.

• Navegador: Mozilla Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior.

• Ter Javascript e cookies activadas no navegador.

• Para ver os documentos en PDF precísase ter instalado Acrobat Reader.

• Para que funcionen algúns elementos correctamente precísase ter instalado o Adobe Flash Player.

6. Proba final.

As probas presenciais finais realizaranse na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (avenida da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra). A súa data notificarase coa antelación suficiente e, polo menos, con dez días hábiles de anticipación.

Excepcionalmente e por razóns debidamente xustificadas que impidan acudir á proba na data fixada, poderase solicitar acudir á proba extraordinaria.

Aqueles alumnos que se presenten á proba ordinaria e non a superen non terán dereito a presentarse á proba extraordinaria.

7. Inscrición.

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es). Non se admitira ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non será responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

c) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

e) No caso de atoparse nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso se tal documentación xa consta en poder da Agasp; neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

– Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares

f) Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22), por correo electrónico (formación.agasp@xunta.gal) ou de acordo co establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

g) O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas do día 14 de maio de 2020.

h) O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

i) No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp, de xeito automático, elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Criterios de selección do alumnado participante.

a) Menor número de cursos realizados polo/a alumno/a solicitante nos últimos dous anos, segundo consten nas bases de datos da academia, e non ter feito con anterioridade o curso que se convoca.

b) A igual número de cursos, terá preferencia o alumnado que leve máis tempo sen participar nas actividades da academia.

c) Antigüidade.

Reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. De non existiren suficientes solicitudes de participación de mulleres, as prazas sobrantes acrecentarán as da quenda xeral.

9. Publicación das relacións do persoal seleccionado.

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 59.6 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais, para unha maior difusión serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con, polo menos, 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 22.

10. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

11. Certificado de aproveitamento.

Unha vez rematado o curso e feita a avaliación correspondente, expediranse os certificados de aproveitamento aos alumnos que cumpran as seguintes exixencias:

• Visualización dos contidos.

• Superación dos cuestionarios.

• Realización das tarefas segundo as exixencias indicadas.

• Superación da proba presencial final presencial do conxunto do curso.

12. Facultades da Agasp.

A Agasp poderá modificar o desenvolvemento normal das actividades para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir os cursos, ampliar novas edicións deles ou suspendelos temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia.

Na páxina web da Agasp publicaranse todos os datos precisos das accións formativas que se convocan nesta resolución.

ANEXO II

Nome do curso

Horas

Prazas

1

Actuacións policiais con incidencia no tráfico e sinalización circunstancial.

20

35

2

Novas técnicas na toma de datos na investigación de accidentes.

25

20

3

Curso de infografía e simulación na reconstrución de accidentes de tráfico. Iniciación a Sketchup.

40

20

4

Protocolos de actuación nos controis de velocidade: criterios xudiciais.

12

35

5

Control de drogas: criterios xudiciais.

16

35

6

Controis de alcoholemia. Criterios xudiciais penais e administrativos.

12

35

7

A vía: regulación, competencias, responsabilidade e análise.

16

35

8

Protección integral da muller vítima de violencia de xénero.

20

35

9

Protocolos de actuación policial ante delitos de odio.

20

35

11

Rescate policial no medio acuático.

16

35

12

Autocad.

50

35

13

Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

20

35

14

Actualización da nova Administración electrónica.

40

35

15

Protección de datos de carácter persoal e ciberseguridade.

40

35

16

Reciclaxe de policía administrativa.

40

35

17

Actualización en normativa de armas.

16

35