Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 19045

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 17 de marzo de 2020 de convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha titulado/a superior (técnico I), licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Agrónoma. Proxecto EPYRIS (SOE2/P5/E0811). Estratexia conxunta para a protección e restauración dos ecosistemas afectados por incendios forestais. Xestión integrada nas zonas naturais de alto risco.

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada dun titulado/a superior (Técnico I), licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Agrónoma baixo a modalidade contractual para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulado na lexislación vixente que resulte da aplicación, particularmente, polo disposto nos artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores, modificado polo Real decreto lei 10/2020, pola Lei 12/2001, con especial referencia aos termos da disposición adicional sétima, pola Lei 14/2011 e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o referido artigo 15 do Estatuto dos traballadores.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2020

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria