Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 7 de maio de 2020 Páx. 19218

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 4 de maio de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de diversos postos de xefe/a de Servizo de Atención Primaria.

Con data do 27 de novembro de 2019, publicouse a Resolución do 11 de novembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se convocaba a provisión, polo sistema de libre designación, de diversos postos de xefe/a do Servizo de Atención Primaria.

Transcorrido o prazo previsto na citada convocatoria, non se presentaron solicitudes de participación para optar aos postos convocados.

En consecuencia, a convocatoria decae, sen prexuízo de que a cobertura de necesidades organizativas e asistenciais segue persistindo, razón que motiva a necesidade de efectuar unha nova convocatoria nos mesmos termos que a convocatoria precedente.

Por iso, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do sistema público de saúde de Galicia, a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante procedemento de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, sito no Hospital Clínico, na Travesía Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

1. Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Arzúa.

2. Número de prazas: unha (1).

3. Requisitos: ter a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Arzúa, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

4. Procedemento de provisión: libre designación.

5. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

1. Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Muros.

2. Número de prazas: unha (1).

3. Requisitos: ter a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Muros, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

4. Procedemento de provisión: libre designación.

5. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

1. Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Teo.

2. Número de prazas: unha (1).

3. Requisitos: ter a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Teo, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

4. Procedemento de provisión: libre designación.

5. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

1. Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Valga.

2. Número de prazas: unha (1).

3. Requisitos: ter a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Valga, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

4. Procedemento de provisión: libre designación.

5. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

1. Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Padrón.

2. Número de prazas: unha (1).

3. Requisitos: ter a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Padrón, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

4. Procedemento de provisión: libre designación.

5. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.