Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 7 de maio de 2020 Páx. 19221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 542/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 542/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Creo Santiago contra Luis Escurís Batalla, S.L.U., Familia Escurís Pérez, S.L., Tuna Clean, S.L. e o Fondo de Garantía Social Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Parte dispositiva

Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordo o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza

Os prazos comezarán a contar unha vez que a autoridade competente alce a suspensión dos prazos procesuais.

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Escurís Batalla, S.L.U., Familia Escurís Pérez, S.L., Tuna Clean, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza