Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 7 de maio de 2020 Páx. 19212

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Pediatría–Área de Pediatría Clínica e Urxencias Pediátricas, convocada mediante a Resolución do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 21 de novembro).

Unha vez convocada, mediante a Resolución do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 222, do 21 de novembro), a provisión do posto de xefe/a da Sección de Pediatría-Área de Pediatría Clínica e Urxencias Pediátricas, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. A convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Pediatría-Área de Pediatría Clínica e Urxencias Pediátricas, convocada mediante a Resolución do 4 de novembro de 2019 da devandita xerencia (DOG núm. 222, do 21 de novembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área sanitaria, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área sanitaria.

Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2020

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección de Pediatría-Área de Pediatría Clínica e Urxencias Pediátricas.

Nome e apelidos: Susana María Rey García.

DNI (*): ***3172**.

(*) DNI: ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.