BDNS (Identif.): 505039.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras, as pemes. Deberanse ter en conta, ademais, as definicións recollidas no anexo I das bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias delas aquelas entidades que, pola actividade que desenvolvan ou o sector a que pertenzan, se atopen entre as excepcións recollidas no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2020 da liña 2.1 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 2.1 (código de procedemento administrativo IN607G): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase I do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 13 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.
Deberase ter en conta, ademais, o resto de condicións e requisitos incluídos no artigo 1 da convocatoria.
Terceiro. Convocatoria de axudas
A concesión destas axudas nas diferentes liñas realizarase a través dun réxime de concorrencia non competitiva. Considerase a orde de presentación de solicitudes como único criterio de concesión, unha vez que se comprobe o cumprimento dos requisitos de subvencionabilidade previstos na convocatoria e nas bases reguladoras (DOG do 11.7.2019). Deste xeito, as solicitudes atenderanse por orde cronolóxica ata o esgotamento do crédito consignado, considerándose como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.
Cuarto. Contía
As axudas que se convocan concederanse en forma de subvención como unha porcentaxe do investimento subvencionable cun importe máximo do 70 % deste investimento. Sempre sen superar en ningún caso os 50.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria e permanecerá aberta ata o 30 de novembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2020
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación