De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do primeiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorporan como anexo a esta resolución.
ANEXO
Descrición |
Importe (euros) |
Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a sociedade pública Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para mellorar e actualizar a rede pública autonómica dos servizos de comunicación audiovisual e do equipamento electrónico instalado nos centros de titularidade pública en Galicia dentro do programa de investimentos 2020. |
410.000,00 |
Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a sociedade pública Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para a execución das actuacións de liberación da banda de frecuencias 694-790 MHz dos múltiplex de titularidade autonómica. |
34.932,70 |
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020
María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios