Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20111

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2020 pola que se acorda levantar a paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento polo que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/21 e a súa continuación.

0 14 de marzo do 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no que a disposición adicional terceira establece a suspensión dos termos e prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, definidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Como consecuencia deste suspensión paralizouse a aprobación das bases e a publicación do procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/21.

Por Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, deuse publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Neste acordo, entre outros aspectos, e no marco do antedito real decreto, prevíase, así mesmo, a suspensión dos termos e prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público e que o órgano competente puidese acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses da persoa interesada no procedemento.

O 24.4.2020 o Consello da Xunta acordou valorar favorablemente a proposta de continuación de expedientes da Consellería de Política Social xustificando a continuidade deste procedemento administrativo na necesidade de garantir o funcionamento básico dos servizos públicos e protexer o interese xeral.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Levantar a paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/21 e a súa continuación.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social