Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20218

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020).

A Consellería de Política Social publica no ano 2020 a Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 17 de xaneiro).

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian as axudas de investimento ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes regúlanse no artigo 7 da antedita orde. Ese artigo recolle tamén a posibilidade de requirimento de emenda no caso de ser necesario, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos.

O artigo 14.1 da Orde do 17 de decembro de 2019 dispón que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación así como a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así mesmo, os requirimentos tamén se publicarán a través do Portal da Consellería de Política Social (http://politicasocial.xunta.gal/).

Polo exposto, e unha vez autorizada a continuación deste procedemento de concesión das subvencións, por Resolución da Conselleira de Política Social do 4 de maio de 2020, logo do Acordo favorable do Consello da Xunta de data 24 de abril de 2020, na fase procesual do requirimento da emenda das solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes obxecto de requirimento por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación e o obxecto do requirimento figuran como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no dito anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se terán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 7.3 da Orde do 17 de decembro de 2019, ao abeiro do artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución, de conformidade co disposto no artigo 21 da dita lei.

Terceiro. Informar as entidades interesadas que, de acordo co establecido no artigo 8 da Orde do 17 de decembro de 2019 e no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cuarto. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a través dos medios recollidos no artigo 26 da orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Requirimentos de emenda de documentación (BS413A)
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación

Nº de expediente

Centro

Entidade

NIF

Documentación que se require

BS413A 2020/1

Centro de día de menores San Aníbal

Hijas del Divino Celo-Rogacionistas

R0800037D

6

BS413A 2020/2

Casa de familia Laura Vicuña

Inspectoria María Auxiliadora

R0800057B

7

BS413A 2020/3

Casa de familia San Aníbal Burela

Hijas del Divino Celo-Rogacionistas

R0800037D

6

BS413A 2020/4

Centro de atención integral de día Xurde

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

5, 10

BS413A 2020/5

Fogar de menores María Inmaculada

Religiosas de María Inmaculada

R1500089F

5, 6, 9

BS413A 2020/7

Casa de familia de Monforte de Lemos

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 8, 10

BS413A 2020/8

Casa de familia Maluma

Asociación Maluma O Grove

G36474518

5, 6, 7

BS413A 2020/9

Centro de día de atención ao menor Alborada

Asociación ciudadana Lucha contra la droga

G36624963

5, 6, 7, 8

BS413A 2020/10

Casa de familia Arela Bembrive

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 8, 10

BS413A 2020/11

Centro menores Ollos Grandes

Centro Nosa Sra. dos Ollos Grandes-Buen Pastor

R2700047J

5, 6

BS413A 2020/12

Casa de familia O Barco

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 8, 10

BS413A 2020/13

Centro de día de menores de Verín

Cruz Roja Española

Q2866001G

2, 3, 4, 7

BS413A 2020/14

Casa de familia Arela Atlántida

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 7, 8, 10

BS413A 2020/15

Centro atención de día Aragón

Aldeas infantiles SOS de Galicia

G36639896

8

BS413A 2020/16

Centro acollida de día Esperanto 15

Aldeas infantiles SOS de Galicia

G36639896

8

BS413A 2020/17

Centro de atención de día de Ponteareas

Aldeas infantiles SOS de Galicia

G36639896

8

BS413A 2020/18

Aldeas Infantiles SOS Redondela

Aldeas infantiles SOS de Galicia

G36639896

8

BS413A 2020/20

Miniresidencia Chavea Muiño Novo

Fundación Lar pro salud mental

G36302776

7

BS413A 2020/21

Casa familia Aldeas Infantiles SOS Esperanto 17B

Aldeas infantiles SOS de Galicia

G36639896

7

BS413A 2020/22

Casa de familia Aldaba de Vilagarcia

Fundación Aldaba

G82453606

5, 7

BS413A 2020/23

Miniresidencia Inmaculada Niña

Inmaculada Niña Viveiro

R7700032A

6

BS413A 2020/24

Casa de familia Torrente Conxo

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 7, 8, 10

BS413A 2020/26

Casa de familia de Allariz

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 7, 8, 10

BS413A 2020/27

Centro de día integral Doctor Teixeiro

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 7, 8, 10

BS413A 2020/28

Miniresidencia Nosa Señora das Mercedes

Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad

R2800377J

2

BS413A 2020/29

Casa familia Valdomiño (Lar)

Hogares y apoyo al menor Lar

G32009607

5, 7

BS413A 2020/30

Casa de familia Santa Joaquina de Vedruna

Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna

G36797454

1, 5, 6, 7, 8, 9

BS413A 2020/31

Casa de familia Dignidade Santiago de Compostela

Fundación educativa e social Dignidade

G27473677

5

BS413A 2020/32

Centro de menores O Seixo

Fundación Aldaba

G82453606

5, 6

BS413A 2020/33

Casa de familia Dignidad Perpetuo Socorro de Lugo

Fundación educativa e social Dignidade

G27473677

5

BS413A 2020/35

Miniresidencia La Milagrosa Carballo

Colegio La Milagrosa-San Vicente Paul

R1500033D

5, 7, 8

BS413A 2020/36

Centro fogar Lar A Merced

Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad

R2800377J

2, 5, 6

BS413A 2020/38

Casa hogar Berce Os Cativos

Asociación de iniciativa social Berce

G36788081

5, 8

BS413A 2020/39

Centro atención de día Cáritas Vigo

Cáritas Diocesana de Tui Vigo

R3600368I

5, 6, 10

BS413A 2020/40

Casa de primeira acollida Berce

Asociación de iniciativa social Berce

G36788081

5, 7, 8

BS413A 2020/41

Casa fogar Berce 2

Asociación de iniciativa social Berce

G36788081

5, 7, 8

BS413A 2020/42

Casa hogar Berce O Perello

Asociación de iniciativa social Berce

G36788081

5, 7, 8

BS413A 2020/43

Casa fogar Berce 1

Asociación de iniciativa social Berce

G36788081

5, 7, 8

BS413A 2020/44

Centro de atención de día integral

Asociación Arela

G36846152

5, 6, 8, 10

BS413A 2020/45

Casa familia García Barbón

FAIBEN fundación apoio a infancia e ao benestar

G27713379

5, 6, 7, 8, 9

BS413A 2020/46

Casa de familia de Ribeira

FAIBEN fundación apoio a infancia e ao benestar

G27713379

5, 6, 7, 8, 9

BS413A 2020/47

Casa de familia Rosalía de Castro Faibén

FAIBEN fundación apoio a infancia e ao benestar

G27713379

5, 6, 8, 9

BS413A 2020/48

Casa de familia Dignidad Ciudad Jardin

Asociación Dignidad-Galicia

G15500853

5, 7, 8, 10

BS413A 2020/49

Centro de día Dignidad 1 Lugo

Asociación Dignidad Lugo

G27224088

5

BS413A 2020/50

Casa de familia de Muimenta

Hogares y apoyo al menor Lar

G32009607

5, 8

BS413A 2020/51

Centro de menores A Milagrosa Sada

Escuelas de la Milagrosa Meirás

G15513120

1, 5, 7, 9

BS413A 2020/52

Miniresidencia Baoquivi

Fundación Barata Ojea Quiroga Villarino

G32025058

5, 6, 7, 8

Documentación que se require

1

NIF da entidade solicitante

2

Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT

3

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social

4

Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga

5

Declaración responsable da antigüidade media do persoal educador do centro

6

Declaración responsable ou certificación do sistema de avaliación da calidade

7

Orzamentos con IVE das obras menores

8

Orzamentos con IVE dos equipamentos

9

Documentación acreditativa da representación suficiente para actuar en nome da entidade

10

Outros