Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Souto Rey, S.L. para unha explotación porcina de produción tipo mixto, situada en Achacán (Santa Mariña de Pescoso), no concello de Rodeiro (expediente 2019-IPPC-M-62).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Memoria descritiva para a revisión da AAI.

Explotación porcina en Achacán-Rodeiro.

Souto Rey, S.L.

Non obstante o anterior, e de conformidade coas disposicións adicionais terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comenzará a computar no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático; Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-62.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0034_NAA/IPPC_057.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Souto Rey, S.L.

NIF: B3612552.

Localización da instalación: Achacán, s/n, Santa Mariña de Pescoso, no concello de Rodeiro (Pontevedra). Parcelas catastrais núm. 133, 135, 136 e 137 do polígono 49 de Rodeiro e as parcelas núm. 229 e 313 do polígono 6 de Rodeiro.

Actividade principal: explotación porcina de produción tipo mixto.

Descrición: a explotación conta con trece (13) naves con capacidade para 750 porcas reprodutoras con leitóns ata 20-30 kg, 1.284 porcos de ceba e cinco (5) verróns.

Cada ciclo reprodutivo dura aproximadamente 140 días e obtéñense 2,6 partos anuais por porca reprodutora. De cada parto saen adiante 8 leitóns (valor medio estimado) e a explotación obtén anualmente 15.600 leitóns. Parte destes leitóns (1.284 animais) rematan o ciclo nos cebadeiros da explotación e o resto dos leitóns envíase a outros cebadeiros fóra da explotación.

Na explotación emprégase o sistema «todo dentro-todo fóra» en todas aquelas dependencias onde sexa posible facelo; non será posible empregar este sistema nas naves onde as porcas xestantes están en gaiolas individuais, xa que aquí o aloxamento é continuo.

Unha vez que os locais quedan baleiros, límpanse as paredes e o solo con auga a presión, e posteriormente procédese ao encalado e desinfección deles. No caso das zonas de aloxamento continuo, limparase igualmente con máquinas a presión cada quince (15) días.

O xurro xerado na explotación é valorizado en parcelas agrícolas. Para o almacenamento do xurro, a explotación dispón de cinco (5) fosas exteriores cubertas ademais de canles interiores nas naves.

Verteduras: as augas fecais procedentes dos aseos e as augas de limpeza das naves diríxense ás fosas de almacenamento do xurro e mestúranse co xurro producido. As augas pluviais non se recollen senón que se infiltran no terreo.