Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Ofelia Recimil García para unha explotación porcina de produción de leitóns, situada no lugar de Portapiñeiro, parroquia de Piñeiro, no concello de Silleda (Pontevedra) (expediente 2019-IPPC-M-63).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Memoria descritiva para a revisión da AAI.

Explotación porcina en Piñeiro-Silleda.

Ofelia Recimil García.

Non obstante o anterior, e de conformidade coa disposición adicional terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comenzará a computar no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-63.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0407_NAA/IPPC_055.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Ofelia Recimil García.

DNI: 35248130D.

Localización da instalación: lugar Portapiñeiro, núm. 23, parroquia de Piñeiro, Concello de Silleda (Pontevedra). Parcela catastral núm. 324 do polígono 503 de Silleda.

Actividade principal: explotación porcina de produción de leitóns.

Descrición: a explotación conta con 9 naves con capacidade para 1.100 porcas reprodutoras con leitóns ata 20 kg e 5 verróns.

Cada ciclo reprodutivo dura arredor dos 146 días e obtéñense 2,5 partos anuais por porca reprodutora. De cada parto saen adiante 10 leitóns (valor medio estimado) obténdose anualmente 27.500 leitóns. Os leitóns unha vez acadan os 20 kg de peso envíanse a cebadeiros fora de explotación.

Na explotación empregase o sistema «todo dentro-todo fóra» en todas aquelas dependencias onde sexa posible facelo; non será posible empregar este sistema nas naves onde as porcas xestantes están en gaiolas individuais, xa que aquí o aloxamento é continuo.

Unha vez que os locais quedan baleiros, límpanse as paredes e o solo con auga a presión, procedéndose posteriormente ó encalado e desinfección dos mesmos. No caso das zonas de aloxamento continuo, procédese a limpar igualmente con máquinas a presión cada 15 días.

O xurro xerado na explotación é valorizado en parcelas agrícolas. Para o almacenamento do xurro a explotación dispón dunha fosa exterior cuberta ademais de canles interiores nas naves.

Verteduras: as augas fecais procedentes dos aseos diríxense a unha fosa séptica e posteriormente son canalizadas á fosa exterior de almacenamento de xurro; as augas de limpeza das naves diríxense á fosa exterior de almacenamento de xurro. As augas pluviais non se recollen senón que se infiltran no terreo.