Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 20 de maio de 2020 Páx. 20809

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2020

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da Casa de Administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos 2020

7.1.2020

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo para concurso de rondallas

7.1.2020

40.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade Nacional de Educación a Distancia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da UNED en arquivos e museos da Consellería de Cultura e Turismo

14.1.2020

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Lérez Ediciones, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Diario de Pontevedra que edita esta entidade

7.2.2020

11.388,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Rías Baixas de Comunicación, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario

7.2.2020

3.888,65 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Editorial La Capital, S.L. para potenciar o uso do idioma galego

7.2.2020

10.277,16 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e La opinión de A Coruña, S.L.U. para potenciar o uso do idioma galego

7.2.2020

10.832,68 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Faro de Vigo, S.A.U. para potenciar o uso do idioma galego

12.2.2020

59.440,86 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio cultural, educativo e científico entre España e os EE.UU. de América en materia de cultura

19.2.2020

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para potenciar o uso do idioma galego

20.2.2020

141.935,88 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade do Estado do Rio de Janeiro (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

21.2.2020

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Editorial Compostela, S.A. para potenciar o uso do idioma galego no xornal El Correo Gallego

24.2.2020

13.332,53 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Fundación Vicente Risco para difusión, estudo e preservación da obra de Vicente e Antón Risco

28.2.2020

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Foro Enrique Peinador para actuacións de normalización e dinamización lingüística

28.2.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia para actuacións de normalización e dinamización lingüística

28.2.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro

2.3.2020

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Otero Pedrayo para o estudo e preservación da obra de Otero Pedrayo

4.3.2020

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución da actuación de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

5.3.2020

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Fundación Castelao para difusión, estudo e preservación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

6.3.2020

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Universität Zürich (Suíza) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

6.3.2020

2.000,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades

10.3.2020

279.220,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña para actuacións en materia de normalización lingüística

13.3.2020

23.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Editorial Compostela, S.A. para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación no ano 2020

17.3.2020

115.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2020

27.3.2020

558.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, o Cabido do Conxunto Catedralicio de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago para o desenvolvemento e execución das actuacións de conservación e reparación de diversos paramentos e sistemas construtivos da catedral de Santiago de Compostela

29.4.2020

750.000,00 €