Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 20944

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 14 de maio de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

BDNS (Identif.): 470018.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Modificación do crédito orzamentario

Modifícanse os créditos do ano 2020 das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG núm. 154, do 14 de agosto de 2019), quedando do seguinte xeito:

Aplicación orzamentaria 09.A1.741A.4705 (empresas): 280.000 € con cargo ao ano 2019 e 466.456,75 € para o ano 2020.

Aplicación orzamentaria 09.A1.741A.4814 (organismos empresariais): 150.000 € con cargo ao ano 2019 e 103.543,25 € para o ano 2020.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica