Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 25 de maio de 2020 Páx. 21066

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 11 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para financiar as actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial, para o ano 2020 (código de procedemento ED507A).

BDNS (Identif.): 500508.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, da adquisición de material non inventariable e do mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para financiar as actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial, para o ano 2020 (código de procedemento ED507A)..

Cuarto. Importe

Axudas cunha dotación total de 73.927,15 euros, cantidade que procede de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional