Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 25 de maio de 2020 Páx. 21068

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural a ponte da Ponte Maceira sobre o río Tambre, entre os termos municipais de Ames e Negreira (A Coruña).

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao amparo do artigo 149.1.28 da Constitución española e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía para Galicia, asumiu a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. No exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (en diante, LPCG).

No artigo 8.2 da LPCG indícase que «terán a consideración de bens de interese cultural aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma, sexan declarados como tales por ministerio da lei ou mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente de patrimonio cultural, de acordo co procedemento establecido nesta lei. Os bens de interese cultural poden ser inmobles, mobles ou inmateriais». Ademais, o artigo 10.1.a) define o monumento como «a obra ou construción que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou científico e técnico».

Tamén o artigo 87.1 manifesta que «integran o patrimonio arquitectónico os inmobles e os conxuntos destes e as obras da arquitectura e da enxeñaría histórica ás cales se recoñeza un papel relevante na construción do territorio e na súa caracterización cultural e sexan testemuño dunha época histórica ou dos cambios na forma de entendela».

Así mesmo, o artigo 88.1.f) informa de que «Os inmobles e construcións propios das obras públicas e a enxeñaría histórica que aparecen integrados de forma harmónica no territorio formando parte das cidades, núcleos urbanos ou rurais tradicionais e das franxas territoriais que transformaron, axudaron a construír e caracterizan culturalmente. Forman parte da enxeñaría histórica as pontes, os túneles, as estacións e os edificios ferroviarios, as presas, as canles e os abastecementos, os faros e os peiraos, as infraestruturas e os edificios portuarios, e outras construcións que posúan unha significativa dimensión paisaxística, urbana, territorial, técnica e arquitectónica e que fosen construídos antes de 1901».

O día 16 de novembro de 2017 os concellos de Ames e Negreira solicitaron á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que declarase a ponte da Ponte Maceira como ben de interese cultural. Para iso achegaron unha documentación elaborada para os efectos por Alfredo Varela Nogueira e Iván Cernadas Villar, na cal describen a ponte e o conxunto do seu contorno para xustificar o seu valor sobranceiro.

A ponte da Ponte Maceira é de feitura medieval refeita durante o século XVIII, esencial nas rutas de comunicación entre Santiago e as terras occidentais. Algúns autores describen unha orixe romana da ponte, que é, en calquera caso, un punto central de acontecementos de relevancia histórica, como as loitas entre o poder eclesiástico dos Fonseca e os Condes de Traba, xa que neste lugar lindaban as fronteiras dos seus territorios.

A súa fábrica e dimensións destacan no ámbito das pontes medievais de Galicia, tanto pola súa lonxitude como polo equilibrio das súas formas, cun amplo arco apuntado central e dous arcos de medio punto a cada lado. Así mesmo, o lugar da Ponte Maceira, a cada un dos lados da ponte, mantén unhas condicións de conservación e de variedade de construcións residencias e adxectivas tradicionais, con catro muíños, catro pombais e máis de vinte hórreos tradicionais en bo estado de conservación, que resultan destacables.

A ponte da Ponte Maceira na actualidade é un fito singular da paisaxe, que centraliza todo un conxunto de valor cultural e que é o paso dunha vía histórica e do propio territorio do Camiño de Santiago, que posúe en amplo recoñecemento social polos seus valores culturais.

Despois da súa análise e da valoración das diferentes alternativas, estimouse necesario considerar a oportunidade de iniciar o estudo do territorio no contexto da delimitación do Camiño de Fisterra e Muxía, ruta principal dos Camiños de Santiago recoñecida na LPCG.

Alén desta primeira análise, e despois do informe dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, concluíuse que a documentación existente sobre a ponte da Ponte Maceira, as características da súa contorna e os inmobles existentes, xustifican a incoación do procedemento de declaración como ben de interese cultural do monumento, sen prexuízo de que o futuro expediente de delimitación da ruta dos Camiños de Santiago poida complementar o alcance e condicións da protección.

Á vista do anterior e por petición motivada dos concellos de Ames e Negreira, exercendo as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución e tendo en conta o artigo 27 do Estatuto de autonomía, e as que corresponden á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural segundo o establecido no artigo 11 do Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo, e no artigo 16 e seguintes da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o procedemento para declarar ben de interese cultural a ponte da Ponte Maceira, entre os termos municipais de Ames e Negreira (A Coruña), coa categoría de monumento e nivel de protección integral, conforme a descrición recollida no anexo I desta resolución.

Segundo. Recoñecer a condición de ben de interese cultural para o conxunto de inmobles que polas súas características tipolóxicas e antigüidade teñen tal consideración en virtude do disposto nos artigos 83.3 e 92.1 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, recollidos no anexo II desta resolución.

Terceiro. Incoar o procedemento para catalogar o conxunto de bens inmobles recollidos no anexo III desta resolución, que completan o conxunto monumental.

Cuarto. Establecer a delimitación provisoria do contorno de protección común para todos os inmobles devanditos segundo a planimetría recollida no anexo IV desta resolución.

Quinto. Ordenar que se anote esta incoación de forma preventiva no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e comunicalo ao Rexistro de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado.

Sexto. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Sétimo. Notificar esta resolución ás persoas interesadas e aos concellos de Ames e Negreira.

Oitavo. Aplicar de forma inmediata e provisoria o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os inmobles referidos en correspondencia coa clasificación e niveis de protección propostos.

Noveno. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, que se comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que poidan ter interese examinen o expediente e aleguen o que consideren conveniente.

A consulta realizarase preferentemente en formato dixital. As persoas interesadas que non dispoñan doutra alternativa poderán solicitar a consulta do expediente nas dependencias administrativas da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, en Santiago de Compostela, despois da correspondente petición da cita.

Décimo. O expediente deberá resolverse no prazo máximo de vinte e catro meses (24) desde a data desta resolución, ou producirase a súa caducidade e o remate do réxime provisorio establecido.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO I

Descrición da ponte da Ponte Maceira

1. Denominación: ponte da Ponte Maceira, tamén coñecida como Ponte Vella.

2. Localización.

• Provincia: A Coruña.

• Concello: Ames/Negreira.

• Parroquias: San Lourenzo de Agrón (Ames)/Santa María de Portor (Negreira).

• Lugar: A Ponte Maceira.

• Referencia catastral: 15002A081090060000ZA e 15057A502090130000LR.

• Coordenadas UTM ETRS 89 Fuso 29: X=524.886, Y=4.750.352.

3. Descrición.

• Descrición histórica.

A ponte da Ponte Maceira formaliza un paso histórico relevante desde o interior de Galicia cara á costa, entre as comarcas da Amaía e A Barcala, separadas polo río Tambre. De tal xeito conforma o percorrido da ruta principal do Camiño de Santiago cara a Fisterra e Muxía, que remite aos usos sociais e culturais previos á cristianización e globalización do fenómeno xacobeo, o camiño cara ao fin da terra e o solpor.

É probable que existise un paso do río previo, aínda que a hipótese da orixe romana non está cientificamente acreditada, a pesar das descricións que fan referencia a que podería quedar algún elemento romano nos fundamentos e alicerces da existente.

Parte desta orixe histórica ou mítica consérvase na tradición xacobea recollida no Códice Calixtino como o lugar en que o santo obraría a milagre de deixar pasar os seus discípulos e derrubar a ponte, denominada das Pías, sobre as forzas de ocupación romanas que os perseguían, e que podería referirse a esta ou, máis probablemente, a outra ponte sobre o río Tambre, a de Ons.

A ponte actual erixiríase en época medieval entre dúas xurisdicións en continuo conflito. Entre o século XIII e o XIV o poder eclesiástico de Santiago tería erixido a estrutura co fin de facilitar a comunicación cos portos de Fisterra e controlar o acceso e as mercadorías. Esta situación de fronteira entre poderes feudais faría do lugar da Ponte Maceira o escenario de conflitos relevantes entre Compostela e os señores de Traba e os seus aliados da nobreza galega.

No século XVIII José Cornide documenta a súa descrición e o seu precario estado de conservación e os orzamentos de urxencia para a súa reparación feitos polo arquitecto Juan López Freire. Da mesma época documéntanse múltiples pasos de barca ou a pé sobre o Tambre, en pesqueiras ou presas augas arriba e abaixo, polo que o tráfico sería probablemente de carácter máis local, o que facilitaría a conservación do conxunto das aldeas da Ponte Maceira.

A descrición desta época fala dun total de sete arcos, tres cara a parte da Barcala de feitura máis antiga, gótica; e catro máis modernos, de medio punto, cara a Altamira. No ano 1792 documéntase a derruba e ruína que impediría o seu uso, estado en que permanecería ata xa comezado o século XIX.

O mantemento desta ponte era do interese das vilas de Cee, Corcubión, Muxía, Moraime e Fisterra, e mesmo de Muros, polo que se solicitaba a declaración do interese público da ponte e a eliminación de portádegos e de custos para os usuarios e beneficiarios na súa restauración, a pesar da vontade dalgún veciño de reconstruílo á súa custa garantindo o dereito de cobramento para persoas, bestas e carros. Os custos foron asumidos polos concellos e a súa restauración levada a cabo por completo fronte a diferentes iniciativas para a súa substitución por un de mellor trazado e perfil.

Despois da derruba parcial de 1987, a Xunta de Galicia procedeu á súa restauración en varias fases entre 1991 e 2001, así como diversas obras de integración ambiental nos conxuntos. Nas mesmas datas o Concello de Ames e o Concello de Negreira acometeron actuacións de conservación e mellora do conxunto, muíños, lavadoiros, pavimentos e espazo público, así como de instalacións de subministración, das cales cómpre destacar os proxectos do enxeñeiro Carlos Nárdiz.

• Descrición formal.

A ponte da Ponte Maceira conserva a estrutura clásica das pontes medievais, cun longo perfil alombado cara ao centro, cun arco apuntado e dous arcos de medio punto a cada un dos lados, de entre 6 e 14 m de luz do arco central. No estribo esquerdo, no sentido das augas, existen dous arcos de carácter máis recente que teñen por obxecto facilitar o desaugamento. Os arcos están protexidos con potentes tallamares de perfil apuntado e remate en chanzos nos dous sentidos da corrente. A calzada ten un largo próximo aos 3 m, sen que se destaquen rúas, rodeiras ou apartadoiros. As fábricas actuais serían o resultado da actuación restauradora do século XIX, que reforzaría a construción tras unha derruba.

Todo o percorrido da ponte e as zonas de acceso están protexidos cun peitoril de cantaría sobre un pavimento pétreo, todo de refeitura contemporánea xustificada tanto pola funcionalidade como pola integración material, dimensional e cromática coas estruturas históricas.

Na actualidade a súa integración no ambiente é óptima, xa que os percorridos da calzada e dos peitorís se estenden cara as beiras, con accesos aos muíños e ao leito de grandes penedos de granito naturais que no tempo de augas baixas poden ser empregados como zonas de baño. O conxunto de bens compleméntase de forma harmoniosa e o lugar da Ponte Maceira destaca no percorrido da ruta do Camiño de Santiago cara a Fisterra e Muxía.

4. Estado de conservación.

A ponte da Ponte Maceira ten un bo estado de conservación no relativo á súa estabilidade estrutural. Os arcos manteñen unha traza homoxénea e sen apenas abombamentos ou inclinacións, froito das restauracións xeneralizadas de finais do século XX.

En calquera caso, precisa de actuacións periódicas de conservación, principalmente de carácter preventivo, como é o caso da limpeza da vexetación, especialmente a que medra sobre as propias fábricas e a que pode supoñer obstáculos para as normais correntes fluviais. Existen algunhas fendas puntuais e locais que non comprometen a estabilidade.

Téñense producido con carácter repetido fenómenos de asolagamento que afectan especialmente este ámbito, nen que estes non deberían supoñer unha incidencia para a estabilidade sempre que poida evitarse o impacto de materiais de arrastre.

5. Valoración cultural.

A ponte posúe unha indubidable relevancia histórica para as comarcas da Amaía e A Barcala, e máis aínda para todo o contorno de Santiago e as rutas dos Camiños de Santiago. Ben que algúns dos feitos históricos ou mesmo lendas relacionadas con esta ponte non se realizan co suficiente rigor científico, é evidente que a súa conservación e a da súa contorna constitúen un exemplo sobranceiro tanto desde o punto de vista antropolóxico e etnolóxico como arquitectónico.

A ponte foi incluída no seu momento no Catálogo de pontes de Galicia promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e mesmo foi incoada a súa declaración como ben de interese cultural en 1991. Está recollida nos planeamentos urbanísticos vixentes de Ames (OC-01) e de Negreira (parte da ficha 80 en conxunto cos outros bens da súa contorna).

O artigo 74.2 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, establece que son elementos funcionais dos Camiños de Santiago os que forman parte da súa fisionomía como peches, muros, cómaros, valos, pasos, pontellas, pontes, fontes, lavadoiros ou espazos similares, así como os destinados á súa conservación e servizo e os que sexan necesarios para o seu uso, polo que a ponte sería un elemento funcional do Camiño de Santiago.

Así mesmo, o artigo 88.1.f) establece que integran o patrimonio arquitectónico os inmobles e construcións propias das obras públicas e a enxeñaría histórica que aparecen integrados de forma harmónica no territorio formando parte das cidades, núcleos urbanos ou rurais tradicionais e das franxas territoriais que transformaron, axudaron a construír e o caracterizan culturalmente.

Ademais, forman parte da enxeñaría histórica as pontes, os túneles, as estacións e os edificios ferroviarios, as presas, as canles e os abastecementos, os faros e os peiraos, as infraestruturas e os edificios portuarios, e outras construcións que posúan unha significativa dimensión paisaxística, urbana, territorial, técnica e arquitectónica e que fosen construídos antes de 1901.

A antigüidade, a súa influencia na configuración do territorio e a súa calidade construtiva e o estado de conservación, ademais da documentación que demostra a súa autenticidade, acreditan o carácter sobranceiro desta infraestrutura da enxeñaría histórica.

Ao seu valor cultural únense os intereses para a conservación dos valores naturais e paisaxísticos, polo que a zona foi recoñecida como LIC (lugar de importancia comunitaria) e como AEIP (áreas de especial interese paisaxístico).

6. Uso.

A ponte mantén o uso de comunicación sobre o río Tambre e para un tránsito local e a ruta de peregrinación a Fisterra e Muxía.

Dada a existencia da ponte nova augas abaixo e outras alternativas, e posto que se trata do paso da ruta do Camiño de Santiago, deberá manterse o seu carácter local e de tráfico impedido ou, cando menos, limitado e ocasional.

Non se considera preciso prever nin definir ningún outro tipo de uso que o paso peonil e contemplación da súa calidade arquitectónica e das perspectivas e panoramas de conxunto.

7. Réxime de protección.

A resolución de incoación do procedemento para declarar ben de interese cultural o inmoble determinará a aplicación inmediata, aínda que provisoria, do réxime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados, segundo o artigo 17.4 e 17.5 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG) e complementariamente co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (LPHE).

Este réxime implica a súa máxima protección e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación. Calquera intervención que se pretenda realizar nel deberá ser autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, segundo proxectos elaborados por técnicos competentes e segundo os criterios legais establecidos (artigos 39 a 40 LPCG).

Non se considera precisa a previsión dun réxime de protección específico adicional ao previsto na lexislación e considérase autorizable o tipo de intervencións previstas para os inmobles cun nivel de protección integral.

No referido ás actuacións de interpretación e valoración do monumento e o conxunto, no contexto dunha planificación e sinalización de carácter cultural ou turístico, non se considera que deba localizarse ningún elemento de interpretación sobre a calzada da ponte nin nos seus peitorís.

A súa condición de vía pública de tránsito peonil garante o acceso e visita pública, así como un uso que non poña en perigo a súa estabilidade e conservación.

ANEXO II

Bens de interese cultural de carácter xenérico

Inmobles BIC en relación coa súa tipoloxía e protección xenérica no contorno da ponte da Ponte Maceira

Inmoble

Protección

Interese

Referencia catastral

X

Y

2

Cruceiro de Filomena Rodríguez ou de San Brais

92.1 LPCG - Cruceiro

ETN

-

524.728

4.750.371

3

Cruceiro do Pazo Baladrón

92.1 LPCG - Cruceiro

ARS

4806716NH2540N0001EA

524.884

4.750.410

4

Cruceiro

92.1 LPCG - Cruceiro

ARS

5204101NH2550S0001FM

525.006

4.750.295

5

Escudo na capela de San Brais

83.3 LPCG - Escudo

ARS

4806701NH2540N0001PA

524.850

4.750.406

6

Escudo na casa da Ponte Maceira 15

83.3 LPCG - Escudo

ARS

4806712NH2540N0001DA

524.742

4.750.380

7

Fragmento de escudo na casa da Ponte Maceira 14

83.3 LPCG - Escudo

ARS / HIS

5005704NH2550N0001JG

524.937

4.750.302

8

Escudo na casa da Ponte Maceira 10

83.3 LPCG - Escudo

ARS

001600100NH25B0001YZ

527.949

4.750.319

9

Hórreo 1

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4806714NH2540N0001IA

524.672

4.750.416

10

Hórreo 2

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4806713NH2540N0001XA

524.730

4.750.402

11

Hórreo 3

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4806708NH2540N0000EP

524.790

4.750.407

12

Hórreo 4

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4806703NH2540N0001TA

524.822

4.750.428

13

Hórreo 5 ou do Pazo de Baladrón

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4806716NH2540N0001EA

524.957

4.750.497

14

Hórreo 6

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

15057A502001810000LK

524.568

4.750.294

15

Hórreo 7

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4705401NH2540N0001QA

524.653

4.750.371

16

Hórreo 8

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4805403NH2540N0001AA

524.691

4.750.363

17

Hórreo 9

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4805403NH2540N0001AA

524.699

4.750.360

18

Hórreo 10

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4905304NH2540N0001IA

524.727

4.750.326

19

Hórreo 11

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4805501NH2540N0001BA

524.742

4.750.340

20

Hórreo 12

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

4905304NH2540N0001IA

524.749

4.750.331

21

Hórreo 13

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

15002A502000700000BA

524.805

4.750.255

22

Hórreo 14

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

15002A502000680000BB

524.871

4.750.279

23

Hórreo 15

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

15002A081001230000ZM

524.976

4.750.325

24

Hórreo 16

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

15002A504001660000BD

524.994

4.750.329

25

Hórreo 17

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

5005711NH2550S0001UM

524.899

4.750.227

24

Hórreo 18

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

5005701NH2550S0001DM

524.911

4.750.266

25

Hórreo 19

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

5005707NH2550S0001ZM

524.943

4.750.288

26

Hórreo 20

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

5204101NH2550S0001FM

525.019

4.750.264

27

Hórreo 21

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

5303101NH2550S0001QM

525.214

4.750.129

28

Hórreo 20

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

5204101NH2550S0001FM

525.019

4.750.264

29

Hórreo 21

92.1 LPCG - Hórreo

ETN

5303101NH2550S0001QM

525.214

4.750.129

Interese

HIS - Histórico

ARS - Artístico

ARQ - Arqueolóxico

ART - Arquitectónico

ETN - Etnolóxico

Consideracións específicas con respecto á identificación e protección:

A delimitación dos inmobles devanditos corresponderá coa súa concreción física, o espazo que ocupan dentro da parcela catastral de referencia, así como 1 m ao redor de todo o seu perímetro.

Para o caso do Cruceiro da Filomena, forman parte do inmoble todos os afloramentos rochosos sobre os cales está localizado.

No caso dos escudos, a declaración de BIC limítase aos elementos físicos sobre os cales están esculpidos, mentres que o resto da edificación estará suxeita á súa clasificación propia como ben catalogado ou como inmoble localizado no ámbito do contorno de protección do conxunto de bens.

Todos estes elementos terán un nivel de protección integral segundo o recollido no artigo 41.3 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

No caso do hórreo 8 (parcela 4805403NH2540N0001AA), posto que semella non conservar todos os seus elementos e integridade, poderán ser autorizadas actuacións conducentes á súa reconstrución.

Para todos eles serán autorizables actuacións de restauración que teñan por obxecto a eliminación de elementos construtivos non tradicionais ou a substitución dos elementos de madeira dos pechamentos da cámara por outros de dimensións e acabamentos similares.

No caso de que durante o procedemento de información pública se acredite que a antigüidade da primeira construción dalgún destes elementos fose posterior a 1901, pasarían a ter a consideración de bens catalogados, xa que do traballo realizado se deduce que se trata de hórreos tradicionais dunha mesma tipoloxía que remitiría cando menos a mediados ou finais do século XIX.

ANEXO III

Inmobles catalogados no contorno da ponte da Ponte Maceira

Relación de inmobles catalogados

Inmoble

Categoría

Nivel

Interese

Referencia catastral

X

Y

30

Conxunto da Ponte Maceira (Ames)

(PBA 4.726/PXOM CA-01)

Conxunto

histórico

EST

ETN

-

524.945

4.750.295

31

Conxunto da Ponte Maceira (Negreira)

(PBA 7.610/PXOM 80)

Conxunto

histórico

EST

ETN

-

524.744

4.750.374

32

Pazo de Baladrón

(PBA 7.612)

Monumento

INT

ART

4806716NH2540N0001EA

524.912

4.750.445

33

Pombal 1

(PBA 7.613)

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

4806703NH2540N0001TA

524.826

4.750.418

34

Pombal 2

(PBA 7.614)

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

4905301NH2540N0001RA

524.814

4.750.361

35

Pombal 3

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

4905304NH2540N0001IA

524.753

4.750.319

36

Pombal 4

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

5303101NH2550S0001QM

525.230

4.750.101

37

Capela de San Brais

Monumento

INT

ART

4806701NH2540N0001PA

524.850

4.750.406

38

Muíño 1

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

002003300NH25A0001AS

524.601

4.750.311

39

Muíño 2

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

001600600NH25B0001TZ

524.905

4.750.403

40

Muíño 3

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

001600700NH25B0001FZ

524.910

4.750.391

41

Muíño 4

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

001600100NH25B0001YZ

524.945

4.750.325

42

Presa no Tambre

Lugar de valor etnolóxico

INT

ETN

-

524.950

4.750.370

43

Camiño de Fisterra-Muxía

Territorio

histórico

-

HIS

-

-

-

44

Antiga escola da Ponte Maceira

Monumento

EST

ART

4806723NH2540N0001HA

524.640

4.750.532

Nivel

INT - Integral

EST - Estrutural

AMB - Ambiental

Interese

HIS - Histórico

ARS - Artístico

ARQ - Arqueolóxico

ART - Arquitectónico

ETN - Etnolóxico

Consideracións específicas con respecto á identificación e protección dos bens catalogados:

No referido á delimitación dos inmobles catalogados con carácter singular, esta corresponderá coa súa concreción física, o espazo físico que ocupan dentro da parcela catastral de referencia.

Para o caso dos bens de carácter territorial, como os conxuntos tradicionais da Ponte Maceira a ambas as marxes do Tambre (identificados cos números 30 e 31), procedeuse á modificación da delimitación recollida nos respectivos planeamentos, nas fichas CA-01 no caso de Ames e 80 no caso de Negreira, posto que se propón axeitar o seu espazo ao dos predios en que se localizan as edificacións de carácter territorial cunha estrutura homoxénea e unha serie de valores tipolóxicos e construtivos comúns.

O resto dos predios fican no ámbito do contorno de protección proposto.

Este contorno de protección será o común para todos os elementos, segundo o recollido no plano da delimitación do anexo IV da resolución. Posto que neste ámbito transcorre un tramo do Camiño de Santiago de Fisterra e Muxía, e en canto non se proceda á súa delimitación conforme o establecido no artigo 76 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, o espazo do territorio histórico catalogado estenderase alén do previsto no artigo 66.3 do Plan básico autonómico (aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo), ata os límites deste contorno de protección, ao deber ser considerados núcleos de carácter tradicional, con valores etnolóxicos e arquitectónicos que deben ser conservados.

ANEXO IV

Delimitación do contorno de protección

O contorno de protección será o común para todos os elementos identificado no anexo IV da resolución, e que corresponderá coa consideración provisoria do territorio histórico do Camiño de Santiago de Fisterra e Muxía nesta localización en canto non se proceda á súa delimitación conforme o establecido no artigo 76 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. No plano recóllese en liña azul descontinua o contorno de protección. Así mesmo, identifícanse co número que corresponde ás listas dos anexos II e III devanditos, identificando a localización precisa do elemento.

missing image file