Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21240

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Importe achegado pola AXI (€)

Data
de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ames para a mellora do firme do treito da estrada AC-543 entre o p.q. 6+250 (glorieta da AG-56) e o p.q. 8+390 (límite co concello de Brión)

140.101,75

17.2.2020

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., polo que se regulan as bonificacións da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57)

4.700.000,00

1.1.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Asociación STOP Accidentes para o impulso de novas medidas en defensa da seguridade viaria

25.000,00

11.3.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a construción dunha senda peonil na parroquia de Tenorio

550.000,00

27.3.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Valga para a primeira fase da dotación de servizos e pavimentación na PO-190, desde o p.q. 0+000 ao p.q. 0+470

364.995,52

9.1.2020