Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21218

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución da mesma data que finaliza o procedemento BS700A de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2020, a través da Orde do 19 de decembro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá.

A orde recolle que as subvencións se destinarán á consecución das seguintes finalidades:

Programa I: a consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Programa II: destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlase no artigo 12 da Orde do 19 de decembro de 2019, e no artigo 13 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

O 14 de marzo do 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado, o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

No dito real decreto reflíctese que o órgano competente podía acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.

Na súa disposición adicional terceira establece a suspensión dos termos e prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O número 4 da disposición adicional terceira do dito Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, na redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, sinala que as entidades do sector público poderán acordar de maneira motivada a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

Mediante a Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, deuse publicidade do acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Neste acordo, entre outros aspectos e no marco do antedito real decreto, prevíase, así mesmo, a suspensión dos termos e prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público e que o órgano competente poida acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento, e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.

De conformidade co antedito acordo do Cecop, en concreto, sobre o persoal e a posibilidade da continuación dos procedementos de concesión das subvencións convocadas, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 3 de abril de 2020, acordou, entre outros, a continuación dos procedementos de concesión de subvencións respecto dos cales xa se aprobasen e publicasen as correspondentes bases reguladoras e a convocatoria, pero non se ditase resolución de concesión; deberá someterse a proposta de continuación de tales expedientes á súa valoración co fin de garantir unha coordinación, dentro do sector público autonómico, sobre as actuacións que deben ser aprobadas e deben continuar, por referirse a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma ou por ser indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos, tendo en conta sempre a evolución da situación de crise sanitaria, os créditos orzamentarios dispoñibles e a atención preferente das necesidades vitais e indispensables derivadas da emerxencia sanitaria.

De conformidade co exposto, o 28 de abril de 2020 a conselleira de Política Social, logo da valoración positiva do Consello da Xunta, do 24 de abril de 2020, ditou a resolución pola que se establece a continuación da tramitación do procedemento BS700A, relativo á concesión das axudas ás entidades locais para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, convocadas a través da Orde do 19 decembro de 2019.

En virtude da Resolución do 28 de abril de 2020, continúa a tramitación no momento procesual en que se paralizou: a remisión dos expedientes que cumpren cos requisitos exixidos á Comisión de Valoración para o seu exame e verificación, co impulso polo órgano instrutor.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, segundo establece o artigo 18 da Orde do 19 de decembro de 2019, e revisadas as solicitudes e as emendas feitas, e unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 19 da Orde do 19 de decembro de 2019.

O órgano instrutor, á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou as propostas de resolución que, como establece o artigo 19 desta orde, elevou ao órgano competente que emite a correspondente resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 22 da Orde do 19 de decembro de 2019, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia, o que producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 19 de maio de 2020, ditada no procedemento BS700A de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e que se xunta coa presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 19 de maio de 2020 finaliza o procedemento, pon fin á vía administrativa e contra ela se poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non pode interporse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 19 de maio de 2020 que finaliza o procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá.

Convocatoria: Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

O 14 de marzo do 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

No dito real decreto, reflíctese que o órgano competente podía acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.

O dito Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, establece na disposición adicional terceira a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, e no seu punto 4 sinala que, sen prexuízo do disposto nos punos anteriores, desde a entrada en vigor do presente real decreto as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

Mediante a Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, deuse publicidade do acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Neste acordo, entre outros aspectos e no marco do antedito real decreto, prevíase, así mesmo, a suspensión dos termos e prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público e que o órgano competente poida acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.

De conformidade co antedito acordo do Cecop, en concreto, sobre o persoal e a posibilidade da continuación dos procedementos de concesión das subvencións convocadas, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 3 de abril de 2020, acordou, entre outros, a continuación dos procedementos de concesión de subvencións respecto dos cales xa se aprobasen e publicasen as correspondentes bases reguladoras e a convocatoria, pero non se ditase resolución de concesión. Deberase someter a proposta de continuación de tales expedientes á súa valoración co fin de garantir unha coordinación, dentro do sector público autonómico, sobre as actuacións que deben ser aprobadas e deban continuar, por referirse a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma ou por ser indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos, tendo en conta sempre a evolución da situación de crise sanitaria, os créditos orzamentarios dispoñibles e a atención preferente das necesidades vitais e indispensables derivadas da emerxencia sanitaria.

En virtude desta resolución, o 28 de abril do 2020 a conselleira de Política Social, facendo uso das facultades que lle confire o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o Acordo do Cecop e o Acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de abril de 2020, e logo da valoración positiva do Consello da Xunta, do 24 de abril, ditou a resolución pola que se establece a continuación da tramitación do procedemento BS700A, relativo á concesión das axudas ás entidades locais para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, convocadas a través da Orde do 19 decembro de 2019, como se indica:

1. A Subdirección Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Promoción da Dependencia, unha vez consultada a base de datos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, comprobou que as entidades solicitantes cumprían cos requisitos, establecidos na orde de convocatoria, de estaren inscritas no dito rexistro, así como o resto dos requisitos específicos establecidos no artigo 7.

2. No suposto de solicitudes individuais, contan cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación en data 1 de xaneiro de 2019, fonte do Instituto Galego de Estatística.

3. A Comisión de Valoración encargada do estudo das solicitudes para o outorgamento das subvencións a que se refire a Orde do 19 de decembro de 2019 realizou a valoración de todas as solicitudes presentadas por cumprir cos requisitos previos exixidos e emitiu o seu informe.

Determina que, en atención ao financiamento previsto no artigo 3 da Orde do 19 de decembro de 2019 (Programa I: 2.423.993,60 € e Programa II: 512.969,40 €) e tendo en conta os importes subvencionables, todos os expedientes son susceptibles de proposta de resolución con cargo a cada programa.

4. O órgano instrutor, á vista do informe realizado pola comisión do procedemento e de acordo coa documentación que consta no seu poder, elevou ao órgano competente para resolver a proposta de resolución para os programas I e II que a seguir se relaciona. Informou que todas as solicitudes cumpren cos requisitos necesarios para acceder ás axudas da presente convocatoria, resulta acreditado que se encontran ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa da Facenda da Xunta de Galicia e que, así mesmo, se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

Por todo o anterior, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312E.460.1 (código de proxecto 2016 00172) as subvencións que se sinalan no anexo I (programa I) e no anexo II (programa II) ás entidades que se relacionan, para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, condicionadas ao cumprimento das obrigas das entidades beneficiarias establecidas nos artigos 11 e 28 da Orde do 19 de decembro e, en todo caso, as establecidas no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. As contías correspondentes están cofinanciadas nun 80 % con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.4 «O acceso a servizos acceibles, sustentables e de calidade, incluídos os servizos sanitarios e sociais de interese xeral», obxectivo específico 9.4.1 «Mellorar a accesibilidade para as persoas máis vulnerables a servizos de atención sanitaria, sociais e de orientación, formación e educación, incluíndo a eliminación de estereotipos», na liña de actuación 118.-Implementación da Rede galega de atención temperá.

Terceiro. As accións correspondentes a estes proxectos xustificaranse, segundo o tipo de gasto, ben a través das modalidades de custos simplificados, conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) 1304/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018 («as normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 67, 68, 68 bis e 68 ter do Regulamento (UE) 1303/2013»), ben, no caso de xestión indirecta, mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, e deberá figurar documentalmente a vinculación coa prestación da actividade subvencionada, tempo de dedicación, horarios e retribucións. En todo caso, nas facturas emitidas pola entidade prestadora deberán figurar as horas de dedicación de cada integrante do equipo de traballo.

Cuarto. En todo caso, as accións que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, no Regulamento (UE) 1304/2013, do 17 de decembro, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

Quinto. A aceptación da subvención implica a súa inclusión na lista pública de operación prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro.

Sexto. Unha vez notificada a resolución da concesión da subvención, as entidades beneficiarias poderán comunicar no prazo de 10 días hábiles a súa aceptación, comprometéndose a executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na Orde do 19 de decembro de 2019. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Realizarase un primeiro pagamento do 50 % da contía da subvención concedida, en concepto de anticipo, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 50 % restante ou a parte que corresponda librarase logo da xustificación pola entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.

Oitavo. A xustificación comprenderá o período máximo subvencionable, que abranguerá desde o 1 de novembro de 2019 e ata o 31 de outubro de 2020, coa data límite do 15 de novembro de 2020.

Noveno. A xustificación realizarase mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Anexo IV. Solicitude de pagamento e declaración. Asinada polo/a representante da entidade ou da agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º. Ademais dos datos identificativos, faranse constar as declaracións sobre o cumprimento da finalidade e da normativa, sobre a solicitude ou non doutras subvencións actualizada e sobre a inexistencia da causa que implique prohibición para ser beneficiario. Así mesmo, a relación da documentación complementaria que se xunta.

b) Anexo V. Certificación sobre condicións da execución. Asinada polo/a secretario/a da entidade ou o/a representante da agrupación, segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, onde figure:

1º. Declaración sobre cumprimento da normativa aplicable en materia de publicidade ás axudas financiadas a través de fondos da Unión Europea, así como en materia de subvencións e, se é o caso, en materia de contratación pública e demais normativa aplicable.

2º. Indicación do prazo de execución e do número de horas totais de traballo dedicadas segundo grupos profesionais, suma das cifras correspondentes a todos/as os/as integrantes do equipo.

3º. Datos de cada un dos integrantes do equipo: datos persoais, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número de horas de traballo calculadas segundo o disposto no artigo 10.3.

No caso de xestión indirecta, estes datos deberán corresponderse cos indicados nas facturas da entidade prestadora, das cales se achegará unha copia.

4º. Réxime da prestación en función do horario semanal.

5º. Número de usuarios/as atendidos/as desagregado por sexo, así como totais.

Os datos reflectidos na certificación deberán coincidir cos recollidos na aplicación informática referida no artigo 11.

c) Anexo VI. Folla mensual de horas traballadas. Asinadas pola persoa traballadora, así como, no caso de xestión directa, polo/a secretario/a ou persoa designada segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, e no de indirecta, pola persoa responsable da entidade prestadora. Achegarase unha por cada traballador/a e mes de desempeño onde figuren as horas diarias efectivamente traballadas dedicadas ao servizo, así como os totais. Deberá cubrirse en función do establecido no artigo 10.3. A suma das horas consignadas en todas as fichas debe ser equivalente ás contías consignadas no anexo V.

d) Documentación xustificativa da publicidade da actuación segundo o establecido nos artigos 11.c) e 28: fotografías do lugar ou lugares en que se levou a cabo a prestación onde se aprecie a situación do cartel ou carteis informativo/s, con indicación da data de colocación, documentos relativos á publicidade na páxina web; por exemplo, capturas de pantalla e na documentación escrita: copia dun exemplar de cada tipo utilizado.

e) Se é o caso, para o suposto de xestión indirecta, copia das facturas referidas no punto b), 3º.

Os datos que se consignen nos respectivos anexos e documentos sinalados nas anteriores letras a), b), c), d) e e) serán unicamente os da prestación do servizo que se desenvolva durante o período reflectido na resolución de concesión da subvención.

Décimo. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido suporá a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o disposto nela e no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

No caso de que a xustificación forincorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días, e advírteselle que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.

Décimo primeiro. Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do gasto que consideren convenientes.

Décimo segundo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas na orde de convocatoria e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Destinar os fondos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.

b) Manter un sistema de contabilidade separado do ingreso da axuda percibida ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

c) Conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes ou usuarias durante un período de tres anos, que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas ante a Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos. En todo caso, durante a execución da actuación respectarase o reflectido no artigo 11.c), sen prexuízo de que os carteis deberán permanecer colocados e na páxina web coa correspondente información, cando menos, ata a data en que remata o prazo final de xustificación da subvención establecido no artigo 26.

e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), así como dos obxectivos dos fondos.

f) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultado previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013. Para estes efectos, seranlles facilitados os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

Así pois, as entidades beneficiarias consignarán na aplicación informática prevista no artigo 11 os datos referentes aos indicadores de produtividade e de resultado inmediato e a longo prazo relativos aos/ás usuarios/as, que serán os que a unidade tramitadora do procedemento incorporará, pola súa vez, na aplicación informática Participa 1420.

1º. Os de produtividade referiranse á situación na data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa operación subvencionada.

2º. Os de resultado inmediato, á situación do participante no período que abranga entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.

3º. Os de resultado a longo prazo: situación aos seis meses de finalización da vinculación do participante coa operación subvencionada.

g) Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal. Os relativos ás persoas usuarias ou participantes na actuación subvencionada incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos a que se refire o artigo 34 desta orde. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos, e a entidade beneficiaria da axuda será a que deberá recadar e custodiar esta documentación.

h) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza, e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

i) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control, incluíndo as visitas sobre o terreo.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

k) Así mesmo, cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

Décimo terceiro. A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades ou agrupacións interesadas poidan exercer calquera outro que proceda en dereito. O recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, se o acto é expreso, ou seis meses a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020. A conselleira de Política Social. Por delegación (D.A. única da Orde do 19 de decembro de 2020, DOG núm. 16, do 24 de xaneiro). O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro

ANEXO I

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.a)

Programa I

Expediente

NIF

Entidade solicitante

Concellos integrantes

Titulación

Grupo prof.

Período de desempeño

Horas solicitadas

Núm. de horas subv.

Importe

máx. axuda

01-2020.BS700A.AT

P3200025I

Mancomunidade dos Concellos da Comarca de Verín

Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós

Pedagoga Psicomotricista

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

35.642,70 €

Pedagoga Terapeuta Linguaxe

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

35.642,70 €

Psicóloga especialista en A.T.

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

35.642,70 €

Importe total-Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín

106.928,10 €

02-2020.BS700A.AT

P3600800A

Concello de Cangas

Cangas

Fisioterapeuta

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.845

1.720

31.734,00 €

Mestra

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.845

1.720

31.734,00 €

Pedagoga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.845

1.720

35.642,70 €

Importe total-Concello de Cangas

99.110,70 €

03-2020.BS700A.AT

P1500100A

Agrupación dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

Abegondo, Bergondo e Carral

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.152

1.152

21.254,40 €

Mestre Ed. Especial e Estimulador

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.152

1.152

21.254,40 €

Psicólogo e Psicopedagogo

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.152

1.152

23.872,32 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

66.381,12 €

04-2020.BS700A.AT

P1505800A

Agrupación dos concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

Pedagoga-1

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.736

1.720

35.642,70 €

Pedagoga-2

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.736

1.720

35.642,70 €

Pedagoga-3

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.736

1.720

35.642,70 €

Psicóloga especialista en A.T.

I

1.11.2019 a

31.10.2020

252

252

5.222,07 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

112.150,17 €

05-2020.BS700A.AT

P2700300C

Agrupación dos concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

31.734,00 €

Pedagoga

I

15.11.2019 a

31.10.2020

1.653

1.653

34.254,29 €

Psicopedagoga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.576

1.576

32.658,66 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

98.646,95 €

06-2020.BS700A.AT

P1500003G

Mancomunidade dos Concellos da Comarca de Ordes

Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo

Logopeda-1

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.715

1.715

31.641,75 €

Logopeda-2

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.241

1.241

22.896,45 €

Logopeda-3

II

1.11.2019 a

31.10.2020

925

925

17.066,25 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.715

1.715

35.539,09 €

Psicopedagoga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.715

1.715

35.539,09 €

Importe total-Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

142.682,63 €

07-2020.BS700A.AT

P3601700B

Concello da Estrada

A Estrada

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

530

530

9.778,50 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

530

530

10.982,93 €

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2019 a

31.10.2020

530

530

9.778,50 €

Importe total-Concello da Estrada

30.539,93 €

08-2020.BS700A.AT

P3209300G

Agrupación dos concellos de Vilariño de Conso, Riós e

A Gudiña

Vilariño de Conso, Riós e A Gudiña

Educadora Social

II

1.7.2020 a

31.10.2020

574

573,33

10.577,94 €

Logopeda

II

1.7.2020 a

31.10.2020

574

573,33

10.577,94 €

Psicóloga

I

1.7.2020 a

31.10.2020

574

573,33

11.880,83 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Vilariño de Conso, Riós e A Gudiña

33.036,71 €

09-2020.BS700A.AT

P2703000F

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza,

A Pontenova, Riotorto e Trabada

Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza,

A Pontenova, Riotorto e Trabada

Contratación futura

II

1.4.2020 a

30.10.2020

640

640

11.808,00 €

Educadora Social

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.850

1.720

31.734,00 €

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.850

1.720

31.734,00 €

Psicopedagoga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.850

1.720

35.642,70 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto e Trabada

110.918,70 €

11-2020.BS700A.AT

P3200022F

Agrupación das mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro

Manc. O Carballiño (Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor e San Amaro) e Manc. O Ribeiro (Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)

Logopeda

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.776,5

1.720

35.642,70 €

Psicóloga especialista en A.T.

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.845

1.720

35.642,70 €

Psicóloga-Psicomotrista

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.847

1.720

35.642,70 €

Importe total-Agrupación das mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro

106.928,10 €

12-2020.BS700A.AT

P1508300I

Concello de Teo

Teo

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.040

1.040

19.188,00 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.040

1.040

21.551,40 €

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.040

1.040

19.188,00 €

Importe total-Concello de Teo

59.927,40 €

16-2020.BS700A.AT

P2706800F

Agrupación dos concellos de Burela e Viveiro

Burela e Viveiro

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

31.734,00 €

Pedagoga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

35.642,70 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

35.642,70 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Burela e Viveiro

103.019,40 €

18-2020.BS700A.AT

P1507800I

Agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña

Santa Comba e

A Baña

Fisioterapeuta

II

1.11.2019 a

31.10.2020

815

815

15.036,75 €

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

911,5

911,5

16.817,18 €

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.101

1.101

20.313,45 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña

52.167,38 €

19-2020.BS700A.AT

P3603300I

Concello de Mos

Mos

Fisioterapeuta

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

31.734,00 €

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

31.734,00 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

35.642,70 €

Importe total-Concello de Mos

99.110,70 €

20-2020.BS700A.AT

P1506800J

Agrupación dos concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

Logopeda-1

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

31.734,00 €

Logopeda-2

II

5.12.2019 a

13.12.2019

37

37

682,65 €

Logopeda-3

II

16.12.2019 a

31.10.2020

1.720

1.505

27.767,25 €

Pedagoga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.720

1.720

35.642,70 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.650

1.650

34.192,13 €

Importe total-Agrupación dos concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

130.018,73 €

21-2020.BS700A.AT

P3601500F

Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

Fisioterapeuta

II

1.11.2019 a

31.10.2020

970,2

970,2

17.900,19 €

Logopeda

II

1.11.2019 a

31.10.2020

1.940,4

1.720

31.734,00 €

Psicopedagoga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.940,4

1.720

35.642,70 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

85.276,89 €

23-2020.BS700A.AT

P1500002I

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño

Logopeda

II

1.4.2020 a

31.10.2020

924

924

17.047,80 €

Psicóloga-1

I

1.4.2020 a

31.10.2020

924

924

19.147,59 €

Psicóloga-2

I

1.4.2020 a

31.10.2020

924

924

19.147,59 €

Importe total-Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

55.342,98 €

26-2020.BS700A.AT

P3604900E

Agrupación dos concellos de Salceda de Caselas e

As Neves

Salceda de Caselas e As Neves

Fisioterapeuta

II

1.11.2019 a

31.10.2020

2.040

1.720

31.734,00 €

Logopeda-1

II

1.11.2019 a

31.10.2020

2.040

1.720

31.734,00 €

Logopeda-2

II

1.7.2020 a

31.10.2020

340

340

6.273,00 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

2.040

1.720

35.642,70 €

Importe total- Agrupación dos concellos de Salceda de Caselas e As Neves

105.383,70 €

Importe total grupo I

1.597.570,29 €

ANEXO II

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.b).

Programa II

Expediente

NIF

Entidade solicitante

Concellos integrantes

Titulación

Grupo prof.

Período de desempeño

Horas solicitadas

Núm. de horas subv.

Importe

10-2020.BS700A.AT

P2705000D

Agrupación dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil

Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil

Enfermaría

II

1.4.2020 a

31.10.2020

215

215

3.966,75 €

Maxisterio

II

1.4.2020 a

31.10.2020

210

210

3.874,50 €

Psicoloxía

I

1.4.2020 a

31.10.2020

215

215

4.455,34 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil

12.296,59 €

13-2020.BS700A.AT

P3600034G

Mancomunidade do Baixo Miño

A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui

Contratación futura-1

I

1.9.2020 a

31.10.2020

160

160

3.315,60 €

Contratación futura-2

I

1.9.2020 a

31.10.2020

160

160

3.315,60 €

Contratación futura-3

II

1.9.2020 a

31.10.2020

160

160

2.952,00 €

Importe total-Mancomunidade do Baixo Miño

9.583,20 €

14-2020.BS700A.AT

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez

Logopeda

II

1.4.2020 a

31.10.2020

465

465

8.579,25 €

Psicóloga

I

1.4.2020 a

31.10.2020

465

465

9.635,96 €

Terapeuta Ocupacional

II

1.4.2020 a

31.10.2020

465

465

8.579,25 €

Importe total-Concello das Pontes de García Rodríguez

26.794,46 €

15-2020.BS700A.AT

P2703900G

Agrupación dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

Outeiro de Rei e Castro de Rei

Logopeda

II

1.8.2020 a

31.10.2020

215,01

215,01

3.966,93 €

Psicóloga

I

1.8.2020 a

31.10.2020

215,01

215,01

4.455,54 €

Terapeuta Ocupacional

II

1.8.2020 a

31.10.2020

215,01

215,01

3.966,93 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

12.389,40 €

17-2020.BS700A.AT

P1503400B

Agrupación dos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

Logopeda

II

1.5.2020 a

31.10.2020

860

860

15.867,00 €

Psicopedagoga

I

1.5.2020 a

31.10.2020

860

860

17.821,35 €

Terapeuta Ocupacional

II

1.5.2020 a

31.10.2020

860

860

15.867,00 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

49.555,35 €

22-2020.BS700A.AT

P1506600D

Agrupación dos concellos de Padrón, Dodro e Rois

Padrón, Dodro e Rois

Contratación futura-1

I

1.4.2020 a

31.10.2020

1.252,5

1.003,33

20.791,51 €

Contratación futura-2

II

1.4.2020 a

31.10.2020

1.252,5

1.003,33

18.511,44 €

Contratación futura-3

II

1.4.2020 a

31.10.2020

1.252,5

1.003,33

18.511,44 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Padrón, Dodro e Rois

57.814,39 €

24-2020.BS700A.AT

P2702000G

Agrupación dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

Enfermeiro

I

1.7.2020 a

31.10.2020

573

573

11.873,99 €

Logopeda

I

1.7.2020 a

31.10.2020

573

573

11.873,99 €

Psicóloga

I

1.7.2020 a

31.10.2020

286

286

5.926,64 €

Terapeuta Ocupacional

I

1.7.2020 a

31.10.2020

573

573

11.873,99 €

Importe total-Agrupación dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

41.548,61 €

25-2020.BS700A.AT

P1507600C

Concello de Sada

Sada

Logopeda

II

1.4.2020 a

31.5.2020.

1.9.2020 a

31.10.2020

352

352

6.494,40 €

Mestre Educación Especial

II

1.4.2020 a

31.5.2020.

1.9.2020 a

31.10.2020

352

352

6.494,40 €

Psicóloga

I

1.4.2020 a

31.5.2020.

1.9.2020 a

31.10.2020

352

352

7.294,32 €

Importe total-Concello de Sada

20.283,12 €

27-2020.BS700A.AT

P1506700B

Agrupación dos concellos do Pino, Touro, Boqueixón e Vedra

O Pino, Touro, Boqueixón e Vedra

Educador Social

II

1.4.2020 a

31.10.2020

1.146,64

1.003,33

18.511,44 €

Logopeda

II

1.4.2020 a

31.10.2020

1.146,64

1.003,33

18.511,44 €

Psicóloga

I

1.4.2020 a

31.10.2020

1.146,64

1.003,33

20.791,51 €

Importe total-Agrupación dos concellos do Pino, Touro, Boqueixón e Vedra

57.814,39 €

28-2020.BS700A.AT

P3602100D

Concello de Gondomar

Gondomar

Educadora Familiar

II

1.11.2019 a

31.10.2020

106

106

1.955,70 €

Psicóloga

I

1.11.2019 a

31.10.2020

1.224

1.224

25.364,34 €

Traballadora Social

II

1.11.2019 a

31.10.2020

106

106

1.955,70 €

Importe total-Concello de Gondomar

29.275,74 €

Importe total grupo II

317.355,25 €