Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21469

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO polo que se publican as bases específicas do proceso selectivo para oficial da policía local das ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018.

Na Resolución de Alcaldía núm. 2020-0404, do 21 de abril de 2020, aprobáronse as bases específicas que regularán o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de oficial da policía local vacantes no cadro de persoal do Concello de Moaña, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal.

Moaña, 28 de abril de 2020

Leticia Santos Paz
Alcaldesa