Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO do 13 de maio de 2020 de convocatoria de prazas da oferta de emprego dos anos 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial de Pontevedra número 88, 89 e 90, do 11, 12 e 13 de maio de 2020, publícanse integramente as bases xerais e específicas que van rexer as convocatorias para prover as seguintes prazas:

– Funcionario/a de carreira.

Quenda de promoción interna:

Escala: Administración especial. Subescala: Servizos Especiais. Clase: Policía Local. Denominación: inspector. Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A2.

Quenda libre:

Escala: Administración especial. Subescala: Servizos Especiais. Clase: Persoal de Oficios. Denominación: oficial 1ª albanel. Número de vacantes: 2. Grupo C. Subgrupo C2.

Escala: Administración especial. Subescala: Servizos Especiais. Clase: Persoal de Oficios. Denominación: oficial condutor. Número de vacantes: 3. Grupo C. Subgrupo C2.

Escala: Administración especial. Subescala: Servizos Especiais. Clase: Persoal de Oficios. Denominación: oficial mecánico. Número de vacantes: 1. Grupo C. Subgrupo C2.

Escala: Administración xeral. Subescala: Técnica. Denominación: técnico/a de xestión. Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A2.

– Funcionario/a de carreira. Quenda Mobilidade.

Escala: Administración especial. Subescala: Servizos Especiais. Clase: Policía Local. Denominación: Policía Local. Grupo C. Subgrupo C1. Número de vacantes: 2.

– Persoal laboral fixo. Quenda Libre.

Servizos Xerais. Denominación: oficial albanel. Categoría profesional: 4. Número de vacantes: 2.

Servizos Xerais. Denominación: operario de servizos Varios. Categoría profesional: 5. Número de vacantes: 4.

Servizos Xerais. Denominación: operario de xardinería. Categoría profesional: 5. Número de vacantes: 1.

Servizos Xerais. Denominación: persoal de limpeza de locais. Categoría profesional: 5.Número de vacantes: 2.

Servizos Sociais. Denominación: técnico medio educador/a familiar. Categoría profesional: 2. Número de vacantes: 1.

Denominación: monitor/a deportivo. Categoría profesional: 4. Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Poio, 13 de maio de 2020

Luciano Sobral Fernández
Alcalde