Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Poyo II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Poyo II e da concesión administrativa que a ampara resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 26 de xullo de 2019, Antonio Carballa Villar (***5291**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Poyo II.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura, sobre a tramitación do expediente, é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Antonio Carballa Villar (***5291**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Poyo II.

Situación:

Cuadrícula número: 6.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 17.4.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuel Carballa Abal (***3310**) e María Villar Martínez (***8977**).

Novo titular: Antonio Carballa Villar (***5291**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Os devanditos prazos comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que perda a vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, de ser o caso, as súas prórrogas posteriores.

Vigo, 28 de abril de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo