Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO polo que se publican as bases xerais dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

Na Resolución da Alcaldía número 2020-0405, do 21 de abril de 2020, aprobáronse as bases xerais que regularán os procesos selectivos para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal do Concello de Moaña, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

O período de presentación de solicitudes será o que se indique nas bases específicas de cada convocatoria.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal .

Moaña, 28 de abril de 2020

Leticia Santos Paz
Alcaldesa