Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Tito IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Tito IV e da concesión administrativa que a ampara resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 26 de xullo de 2019, Marina Carballa Villar (***8676**) e Dolores Carballa Villar (***8676**) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Tito IV.

Segundo. As interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Marina Carballa Villar (***8676**) e Dolores Carballa Villar (***8676**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Tito IV.

Situación:

Cuadrícula número: 56.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuel Carballa Abal (***3310**) e María Villar Martínez (***8977**).

Novas titulares: Marina Carballa Villar (***8676**) e Dolores Carballa Villar (***8676**).

As novas titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Os ditos prazos comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que perda a vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e, de ser o caso, as súas prórrogas posteriores.

Vigo, 28 de abril de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo