Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Combarro II e da concesión administrativa que a ampara resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 9 de abril de 2019, José Luis Seijas Martínez (***0173**) solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Combarro II.
Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor da Casa dos Martes, S.L.U. (B94150372), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Combarro II.
Situación:
Cuadrícula número: 37.
Polígono: A.
Distrito: Portonovo (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 4.10.1966.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: José Luis Seijas Martínez (***0173**).
Nova titular: Casa dos Martes, S.L.U. (B94150372).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda a vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, de ser o caso, as súas prórrogas posteriores. Porén, se presenta a documentación sinalada antes desa data, esta xefatura entenderá que manifesta a súa conformidade para continuar coa tramitación do procedemento.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Os ditos prazos comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que perda a vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e, de ser o caso, as súas prórrogas posteriores.
Vigo, 28 de abril de 2020
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo