Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 28 de maio de 2020 Páx. 21547

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 18 de maio de 2020 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a asistencia a mercados e foros internacionais de contidos audiovisuais, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT404C).

BDNS (Identif.): 507040.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual e que leven a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego ou algunha das actividades descritas na cláusula seguinte que motiven a subvención e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

Segundo. Finalidade

Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a comercialización exterior de produtos de contido audiovisual galego en mercados e foros de negocio de carácter internacional que teñan lugar entre o 1 de decembro de 2019 ata o 13 de marzo de 2020, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT404C).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de maio de 2020 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a asistencia a mercados e foros internacionais de contidos audiovisuais, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT404C).

Cuarto. Importe

O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 30.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 2019.11.A1.432B.470.0, código de proxecto 2015-00003.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2020

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais