Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21799

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no mes de setembro do ano 2019, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

0 €

9.1.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

50.000 €

5.2.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Meniños, para a posta en marcha dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia.

50.000 €

14.2.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a loita contra a avespa velutina.

0 €

24.2.2020

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar, para reforzar o persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na comunidade autónoma.

60.000 €

5.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Padrón en materia de protección civil.

7.000 €

6.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra (Aspanaex) para a reforma dun edificio para uso residencial de persoas con discapacidade intelectual na cidade de Vigo.

55.000 €

11.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

2.000 €

13.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en materia de protección civil, para dar unha resposta psicolóxica en emerxencias e catástrofes.

70.000 €

20.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero.

140.000 €

23.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Secretariado Xitano, para o desenvolvemento de accións de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas, entre a comunidade xitana en Galicia, enmarcadas no pacto de estado contra a violencia de xénero.

25.000 €

23.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti, para a posta en marcha dun programa de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural na provincia de Lugo.

30.000 €

23.3.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en materia de protección civil, para a prestación dun servizo de atención psicolóxica para a poboación xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a través do 112 por mor da emerxencia sanitaria producida polo COVID-19.

57.600 €

3.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero, e complementariamente a outras persoas do seu contorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.

337.039 €

8.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para garantir unha atención integral ás mulleres xordas que sufran violencia de xénero, no marco do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

20.000 €

8.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Aliad-Ultreia para o mantemento dun dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de explotación sexual e trata no marco do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

35.000 €

13.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

13.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a posta en marcha dunha quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores, afectados/as por violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

100.000 €

15.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación de Solidaridad Amaranta para a posta en marcha e mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero.

252.000 €

15.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

16.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento, para a execución do proxecto Mellora das capacidades da coordinadora galega de ONGD para fortalecer as ONGD galegas e defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a transformación social en Galicia.

100.000 €

24.4.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para a posta en marcha dun servizo de quenda de garda social especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores, que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

100.000 €

27.4.2020

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no mes de setembro
do ano 2019

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data de sinatura

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Sanidade para o desenvolvemento de programas de drogodependencias.

0 €

25.9.2019