Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 22038

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 357/2018).

María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 357/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Bao Roca contra Axa, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Maceiras y Esmorís, S.L., Gerardo Sánchez-Brunete Varela, Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 20.5.2020, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 80/2020

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo número 357/2018, seguidos a instancia de Carmen Bao Roca, asistida polo letrado Sr. García Dopico, contra Axa Seguros e Inversiones Generales, S.A., asistido polo letrado Sr. Quesada Pérez, Maceiras y Esmorís, S.L. e Gerardo Sánchez Brunete Varela, como o seu administrador concursal, que non comparecen malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa, en materia de reclamación de dereito e cantidade, con base no seguinte

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta por Carmen Bao Roca contra Axa Seguros e Inversiones Generales, S.A., Maceiras y Esmorís, S.L. e Gerardo Sánchez Brunete Varela, como o seu administrador concursal, con citación do Fogasa, absolvendo a Axa Seguros e Inversiones Generales, S.A., Maceiras y Esmorís, S.L. e Gerardo Sánchez Brunete Varela das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtese á partes que contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación. Advírtese ao recorrente que non fose traballador, habente-causa seu ou beneficiario do réxime público de seguridade social, nin gozase do dereito de asistencia xurídica gratuíta que deberá acreditar ao tempo de interpoñelo ter ingresado o importe de 300 euros na conta ES55 0049 3569 9200 0500 1274 con nº 5076-0000-65 seguido do número de procedemento (catro díxitos) e o ano (dous díxitos), concepto “recursos” do Banco de Santander, achegando o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar ter consignado a devandita cantidade na referida conta, no momento do anuncio, salvo polo beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se o recorrente é entidade xestora e tiver sido condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá acompañar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que tiver sido condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo de determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Os prazos comezarán a contar unha vez que se alce a suspensión dos prazos procesuais pola autoridade competente.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só poderá levarse a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

A anterior resolución entregarase á letrada de la Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maceiras y Esmorís, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza