Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Calle RDLS 7, S.L.U.
Domicilio social: rúa Real, 34, 2º, 15003 A Coruña.
Denominación: proxecto LMTS, CT e LBTS para alimentación de edificio.
Situación: avenida Ramón Núñez Montero, 11-13-15 Oleiros (A Coruña).
Características técnicas: liña de media tensión subterránea de 15 kV, con inicio e fin na liña de distribución de media tensión subterránea, entre os centros de transformación 15CQN3 e 15CYJ2, logo de entrar e saír no centro de transformación proxectado, en condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 1x (3x240 mm2) Al e lonxitude 30 m.
Centro de transformación compacto, en planta baixa de edificio. Celas compactas prefabricadas SF6 (24 kV, 400 A, 16 kA) de entrada, saída e protección (2L1P) e transformador de 250 kVA, somerxido en líquido dieléctrico.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 10 de marzo de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña